Skip to main content

O proxecto Mentoring USC amplía o prazo de inscrición para estudantes

O proxecto Mentoring USC amplía o prazo de inscrición para estudantes
O proxecto Mentoring USC amplía o prazo de inscrición para estudantes

A Universidade de Santiago acaba de ampliar o prazo ata o vindeiro venres 20 para que o alumnado interesado, e que cumpra os requisitos, poida inscribirse no Proxecto Mentoring. USC de Desenvolvemento Profesional.

Esta nova iniciativa porá en contacto o alumnado de máster, graduados de último curso e titulados de grao ou máster no curso académico 2014-2015 con persoal directivo e profesionais de empresas co fin de orientalo e apoialo na busca de emprego e no desenvolvemento do seu proxecto profesional.

O programa impulsado pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social iníciase este curso académico con máis de 40 directivos interesados en participar como mentores.

Todos aqueles estudantes interesados poden obter máis información a través da Área de Orientación Laboral da universidade.

The contents of this page were updated on 11.16.2015.