Skip to main content

A revista Noitábrega preséntase nun acto na Residencia Monte da Condesa

A revista cultural Noitábrega, promovida por un grupo de estudantes, presentarase este martes 17 na Residencia Universitaria Monte da Condesa nun acto ás 22.00 horas na Sala do Piano.

No seu manifesto, Noitábrega defínese como “a nova revista cultural que un grupo de persoas lideradas cun novo afán de renovación ante a Historia, as artes, o cine, a música ou a literatura tenta presentar na rede” e que aspira a ser “un revulsivo para que as creacións culturais de onte e de hoxe sexan revisadas”.

The contents of this page were updated on 11.16.2015.