Skip to main content

Diario Médico recoñece o acordo das universidades galegas sobre docencia clínica

O reitor e o decano de Medicina co galardón de Mellores Ideas do Ano no Sistema Nacional de Saúde
O reitor e o decano de Medicina co galardón de Mellores Ideas do Ano no Sistema Nacional de Saúde

O reitor Juan Viaño recolleu en Barcelona o galardón outorgado por Diario Médico ao acordo sobre a docencia clínica do grao de Medicina da USC a través dos Premios ás Mellores ideas do Ano no Sistema Nacional de Saúde dentro da modalidade de Política Profesional.

Diario Médico recoñece deste xeito o acordo alcanzado polas tres universidades galegas, en nome de quen acudiu a recoller o premio o reitor compostelán acompañado do decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal.

The contents of this page were updated on 11.18.2015.