Unha xornada en Ciencias Políticas conmemora o trinta aniversario da Carta Europea de Autonomía Local
Ciencias Políticas acollerá este mércores 14 a Xornada Conmemorativa do XXX Aniversario da firma da Carta Europea de Autonomía Local, promovida polo Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE). No Salón de Graos da facultade compostelá, a inauguración do encontro celebraras a partir das 10.30 horas coa presenza da decana María Antonio Arias Fernández e do director do CEDE, Carlos Teijo García.
A quenda de intervencións repasará unha serie de fitos de importancia na efeméride agora lembrada, comezando cunha intervención sobre a xénese desta Carta Europea e a súa influencia nos ordenamentos locais e completándose con dous relatorios máis sobre a garantía e a vertente financeira da autonomía local. Xa pola tarde, dende as 16.30 horas, o fío condutor desta xornada será unha serie de intervencións que aludirán ao valor e efectos da Carta e farán balance deste trinta anos. Para rematar, celebrarase a mesa redonda ‘A autonomía local dende a perspectiva dos pequenos municipios’. Na clausura deste programa, participará o director do Observatorio da Regulación das Entidades do Sector Público, nun acto ás 19.45 horas.