Skip to main content

A USC colabora co partido da selección española feminina de balonmán deste mércores en Santiago

A USC colabora co partido da selección española feminina de balonmán deste mércores en Santiago
A USC colabora co partido da selección española feminina de balonmán deste mércores en Santiago
Os usuarios de actividades deportivas da USC poderán acudir gratuitamente a esta cita deportiva, clasificatoria para o europeo de 2016

A Universidade de Santiago é unha das entidades colaboradoras do partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016 no que a selección española feminina de balonmán se enfrontará ao equipo austríaco. Grazas a este acordo, os usuarios de actividades deportivas da USC poderán acudir gratuitamente a esta cita, que terá lugar o mércores 7 ás 20.45 no Multiusos Fontes do Sar. Os usuarios de deportes do Campus de Santiago poden pasar xa a recoller os convites na Piscina Universitaria durante o horario de apertura de mañá e tarde. Os do Campus de Lugo poderán facelo o propio mércores 7 de 9.00 a 15.00 horas na Oficina do Servizo de Deportes. Recepción oficial As xogadoras e o corpo técnico serán recibidas este martes 6 polo reitor Juan Viaño nun acto a desenvolver a partir das 10.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

The contents of this page were updated on 10.05.2015.