Skip to main content

A matrícula para o programa de extensión cultural de astronomía, este martes 20

A matrícula para o programa de extensión cultural de astronomía, este martes 20
A matrícula para o programa de extensión cultural de astronomía, este martes 20

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) lanza a 19ª edición do Programa de Extensión Cultural de Astronomía (PECAS) a desenvolver ao longo do curso académico 2015-2016. A matrícula para os membros da USC –ao alumnado de graos que curse o programa con aproveitamento lle será convalidado 1 crédito ECTS– será por internet o día 20 de outubro a partir das 12.00 horas ou no Observatorio de 20.00 a 22.00, en tanto que a cidadanía en xeral deberá de apuntarse na Área de Cultura da USC no Pazo de San Xerome.

Ininterrompidamente desde o curso 1997-98, o OARMA promove esta actividade de divulgación astronómica dirixida a toda a comunidade universitaria pero tamén ao público en xeral. Trátase de que a xente poida achegarse dun xeito ameno ata a institución fundada polo padre Aller para poder facer observacións a través de telescopios e mesmo a simple vista e recibir información mediante charlas sobre cuestións astronómicas de interese, bibliografía, programas astronómicos, manexo de pequenos telescopios ou reloxos de sol.

O Sol (mediante proxección), a Lúa, os planetas, as estrelas dobres, os cúmulos, as nebulosas e as galaxias xunto co recoñecemento de constelacións serán os obxectos a observar e dos que os monitores que imparten o Programa explicarán as súas características físicas e dinámicas.

A actividade, como en anos anteriores, está financiada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, contándose nesta ocasión tamén cos patrocinios da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) e a empresa OPTICA VAL.

The contents of this page were updated on 10.19.2015.