Skip to main content

Presentación do novo proxecto MentoringUSC, Desenvolvemento Profesional

Porá en contacto alumnado universitario de último ao ou de máster con directivos e profesionais para que estes exerzan como os seus mentores laborais

Mentoring é un novo proxecto da USC para poñer en contacto a estudantado de máster, graduados/as ou alumnado de último ano de grao con directivos de empresas e profesionais co fin de que estes últimos poidan orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento da súa carreira profesional.

As principais características desta nova iniciativa da USC presentaranas aos medios de comunicación este mércores 21 o reitor Juan Viaño, a quen acompañarán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez, e o secretario executivo do Consello Social, Benigno Carril Pérez. A rolda de prensa comezará ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.

MentoringUSC, Desenvolvemento Profesional, pretende ser unha ferramenta que facilite a inserción laboral do estudantado da USC a través do contacto directo con directivos, profesionais ou emprendedores para un mellor aproveitamento das súas fortalezas e oportunidades e apoialos na busca de emprego.

The contents of this page were updated on 10.20.2015.