Skip to main content

A USC asina un convenio marco de colaboración co Instituto Español de Analistas Financeiros e a Fundación de Estudos Financeiros

O reitor da USC, Juan Manuel Viaño Rey, e o presidente do Instituto Español de Analistas Financeiros (IAEF) e da Fundación de Estudos Financeiros (FEF), Juan Carlos Ureta Domingo, asinan este xoves 22 un convenio marco que regulará as diversas colaboracións futuras destas entidades toda vez que a IAEF abrirá unha delegación territorial que se emprazará na Facultade compostelá de Ciencias Económicas e Empresariais.

A sinatura do convenio terá lugar ás 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Presentación de IAEF-Galicia
Logo deste acto Juan Carlos Ureta trasladarase ás 12.30 horas á facultade para participar na presentación do IAEF-Galicia no que se dará a coñecer o estudo realizado pola FEF ‘Acabar con el paro. ¿Queremos? ¿Podremos?. Una propuesta analítica sobre la ocupación y el empleo en España’ dirixido por César Molinas. Asistirán ademais a vicerreitora de Estudantes, Mª Dolores Álvarez; a decana da Facultade anfitrioa, Emilia Vázquez Rozas; e o director do Máster de Banca e Finanzas da USC, Luis Otero.

The contents of this page were updated on 10.21.2015.