Skip to main content

O Foro CEA achega novos datos sobre as campañas militares de Caio Xulio César e Augusto na Galia e Hispania

Cartel da segunda sesión do Foro CEA
Cartel da segunda sesión do Foro CEA

‘Roma á conquista de Occidente: arqueoloxía do conflito’ é o título da segunda sesión do Foro CEA que o Centro de Estudos Avanzados da USC está a desenvolver co lema ‘Memoria, identidade, mundo: o desafíos das Humanidades’. O conferenciante desta nova quenda será o profesor da Universidade de Edimburgo Manuel Fernández-Götz que impartirá o seu relatorio este mércores 21 na Sala de Debates do CEA a partir das 18.00 horas nunha sesión aberta a toda a comunidade universitaria ata completar o aforo.

A conferencia presenta os resultados de dous proxectos de investigación actualmente en marcha dedicados á arqueoloxía da conquista da Galia por parte de Caio Xulio César entre os anos 58 e 51 antes de Cristo e ás Guerras Ártabras dirixidas por Augusto. Como explicará o conferenciante, a combinación de fontes escritas con datos arqueolóxicos, numismáticos e arqueobotánicos permite, por vez primeira, elaborar unha imaxe máis completa das campañas militares romanas. Delas as investigacións en curso parecen destacar a súa “brutalidade e impacto devastador sobre as poboacións das áreas máis setentrionais da Galia e Hispania”, como adianta o investigador.

The contents of this page were updated on 10.20.2015.