Skip to main content

Charla da directora de Valora sobre a estimulación cognitiva dentro do envellecemento activo

A directora da empresa Valora, atención ao envellecer e á dependencia, Marta Ramos Goicoa, impartirá o luns 26, ás 17.30 horas no Consello Social (Casa da Concha, rúa da Conga,1), a charla ‘ A estimulación cognitiva dentro do envellecemento activo’.

Marta Ramos é licenciada e graduada en Psicoloxía, diplomada de Estudos Avanzados en Neurociencias e ten un Posgrao Oficial en Xerontoloxía, todo pola USC. Actualmente está realizando a súa tese doutoral sobre a actividade electrofisiolóxica en persoas maiores sas e con deterioro cognitivo lixeiro.

A empresa Valora basea o seu ámbito de traballo na prestación de servizos xerontolóxicos: valoración e estimulación cognitiva de persoas maiores, asesoría a coidadores, organización de cursos e seminarios, o envellecemento, a xubilación e outros temas relacionados coa psicoloxía e a educación socio-sanitaria.

The contents of this page were updated on 10.23.2015.