Skip to main content

Unha tese propón unha estratexia de seguimento máis eficiente para o tratamento de residuos por dixestión anaerobia

Leticia Regueiro, no centro co ramo, cos membros do tribunal e colegas que asistiron á defensa da tese
Leticia Regueiro, no centro co ramo, cos membros do tribunal e colegas que asistiron á defensa da tese
Este sistema está orientado ao aproveitamento enerxético dos residuos

A enxeñeira química Leticia Regueiro Abelleira propón na súa tese de doutoramento un novo sistema que permite prever as posibles desestabilizacións dos dixestores anaerobios e, por tanto, manter unha operación máis eficiente e estable na depuración de augas residuais e no tratamento de residuos agroindustriais e de augas residuais industriais, nun proceso que permite asemade a valorización do residuo en forma de metano.

Os resultados mostran que tras perturbacións operativas nos dixestores anaerobios teñen lugar modificacións substanciais nas abundancias de certas bacterias e arqueas, previamente á aparición de alteracións físico-químicas. A tese proporciona deste xeito novos coñecementos sobre o nexo entre a estrutura e dinámica das comunidades microbianas e o funcionamento do dixestor.

O tribunal que avaliou a tese ‘Microbiome-based monitoring as strategy for an enhanced operation of anaerobic(co-) digestion systems’, dirixida por Marta Carballa Arcos e Juan M. Lema Rodicio, estivo formado polos profesores Willy Verstraete (Ghent Universiteit, Bélxica), Alfons Stams (Wageningen University and Research, Holanda), María Alcina (Universidade de Minho, Portugal), Francisco Omil (Universidade de Santiago de Compostela) e María Belén Fernández (IRTA, Barcelona).

The contents of this page were updated on 10.23.2015.