Skip to main content

O investigador do ILG Gonzalo Hermo, gañador do Premio Nacional de Poesía Xove ‘Miguel Hernández’

Gonzalo Hermo. Foto: Daniel Duarte
Gonzalo Hermo. Foto: Daniel Duarte

O investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC Gonzalo Hermo (Taragoña, 1987) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Xove «Miguel Hernández» polo seu libro de poemas Celebración, publicado pola editorial Apiario. Trátase da primeira vez en que unha obra escrita en galego recibe este recoñecemento.

O xurado salientou da obra de Hermo “a súa aposta por abrir novo camiños para a expresión poética, apuntando unha linguaxe arriscada e innovadora nun libro que trata sobre a memoria e o esquecemento, sobre a necesidade de construír sobre as ruínas, de romper o círculo e avanzar malia todo".

Este premio distingue a mellor obra de poesía publicada en 2014 por un autor menor de 31 anos en calquera das linguas oficiais españolas e está dotado con 20.000 euros. Cómpre destacar que Celebración xa recibira hai uns meses o Premio da Crítica en Galego.

The contents of this page were updated on 10.22.2015.