Sesións extraordinarias do Consello de Goberno
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reúnese este venres 2 en sesións extraordinarias a partir das 9.15 horas (9.30 en segunda convocatoria) para tratar a aprobación dos convenios para a colaboración na docencia clínica do Grao en Medicina e da posta en marcha de Campus Terra. Na mesma xuntanza, a partir das 11.00 horas someteranse a aprobación as propostas dos plans de viabilidade dos graos en Filosofía, Filoloxía Clásica e Xeomática e Topografía.