Skip to main content

Conferencia final do proxecto europeo Rural School Cloud

Conferencia final do proxecto europeo Rural School Cloud
Conferencia final do proxecto europeo Rural School Cloud
Crearon unha metodoloxía educativa apoiada na tecnoloxía iCloud adaptada ás necesidades das escolas rurais europeas

O proxecto europeo Rural School Cloud, que resultou nunha metodoloxía educativa apoiada na tecnoloxía iCloud (nube) adaptada ás necesidades das escolas rurais europeas, celebra a vindeira semana na USC a súa reunión final. O resultado da investigación testouse en escolas rurais galegas, gregas, danesas, inglesas, macedonias e italianas con resultados importantes na colaboración entre profesorado (itinerante) e escolas, coordinación familia-escola e mellora do rendemento escolar e das competencias TIC do alumnado de infantil, primaria e secundaria obrigatoria. En España Rural School Cloud é responsabilidade do grupo de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago que lideran as profesoras Beatriz Cebreiro López e Carmen Fernández Morante e do Cesga, con Maria José Rodriguez Malmierca. O día 10 terá lugar no Salón Nobre de Fonseca a conferencia final na que se difundirán os resultados e á que acudirán máis dun cento de docentes galegos e europeos, investigadores e técnicos do proxecto, futuros profesores e lexisladores educativos. Alí presentaranse as experiencias de dous anos de traballo “na nube” en seis países europeos e o produto final do proxecto: a Guía ‘Aprendendo na Nube’, que inclúe o software desenvolvido (nubes escolares) Será un evento gratuíto para as persoas inscritas e aberto á participación activa desde todo o mundo a través de streaming en directo. Todas as persoas participantes no evento presencial recibirán un diploma de participación na xornada expedido pola USC e o CESGA. Así mesmo, os docentes que asistan terán esta actividade recoñecida pola Consellaría de Educación como actividade formativa de 8 horas.

Dado que as prazas son limitadas, é precisa a inscrición en http://rsc-project.eu/index.php/final-conference-gl/#register_form.

The contents of this page were updated on 10.02.2015.