Skip to main content

A Xornada da Sociedade Galega de Neuropsicoloxía desenvólvese este venres en Psicoloxía

A segunda Xornada da Sociedade Galega de Neuropsicoloxía celebrarase na Facultade de Psicoloxía da USC este venres 25 co recoñecemento de interese sanitario da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia. A finalidade do encontro é a actualización e debate, tanto dende unha perspectiva profesional como científica, en distintos ámbitos de actuación da neuropsicoloxía como son o escolar, o do dano cerebral adquirido, dos trastornos mentais severos e do avellentamento. Entre os relatores figuran os profesores Francisco Román Lapuente, da Universidade de Murcia; Miguel Anxo García Álvarez, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago; e Jose Barroso Ribal, da Universidade de La Laguna. A xornada remata ás 17:30 horas cunha mesa redonda na que se analizarán os retos da neuropsicoloxía.

The contents of this page were updated on 09.24.2015.