Skip to main content

Este mércores remata o prazo para presentarse aos Premios á Calidade Lingüística

A USC pecha este mércores 30 o prazo para presentarse á novena convocatoria dos premios á calidade lingüística dos proxectos de fin de carreira (PFC) ou fin de grao (TFG) e os de fin de mestrado (TFM) redactados en galego no curso académico 2014-2015. Concederanse cinco premios, un por cada grande área de coñecemento (Ciencias da Saúde, Ciencias, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura, Humanidades), en cada unha das dúas modalidades: 300 nos TFG e PFC e 400 no TFM. Ademais, os gañadores e gañadoras recibirán un diploma para o seucurrículo. No web dos Premios á Calidade Lingüística, ademais das bases e de información específica, o alumnado poderá atopar recursos de apoio para mellorar a calidade dos seus traballos, como léxicos e vocabularios, recomendacións de estilo académico ou a base de datos terminolóxica multilingüe bUSCatermos, con máis de 160 000 entradas, así como un modelo de documento de TFG e TFM.

Estes premios, que contan co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, abranguen todas as titulacións da USC, e daquela, todos os estudantes de grao, enxeñaría ou mestrado que fagan os seus traballos en galego e obteñan cando menos a cualificación de aprobado poderán optar a eles.

The contents of this page were updated on 09.29.2015.