Skip to main content

Últimos días para matricularse nos cursos intensivos de idiomas de xullo

As persoas interesadas nos cursos intensivos de iniciación que o CLM organiza este mes poden formalizar a súa matrícula ata o próximo venres 10 por internet. Existen prazas para catalán, chinés, grego moderno, húngaro, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso, xaponés e xaponés para preparación do exame NOKEN 4. Quen estea interesado nos de inglés e francés teñen que realizar unha proba de nivelación previa. A de inglés celébrase este luns ás 18.30 horas e o xoves 9 ás 11.30 horas na sede principal do CLM en Campus Vida. Para outras datas e francés, as persoas interesadas poden contactar con Centro no clm [at] usc.es (clm[at]usc[dot]es). No campus de Lugo está aberta a matrícula en alemán, lingua de signos e en portugués, todos os cursos de nivel de iniciación. Probas Aptis En paralelo, as persoas matriculadas nos cursos do CLM dos dous campus e que teñan entre 16 e 30 anos poderán presentarse ao exame Aptis USC o día 21 de xullo, aboando so a taxa de 6 euros (deberán respectar as condicións expostas no web do Centro). A proba do día 22 de xullo está aberta a todos os públicos coa taxa única de 70 euros.

The contents of this page were updated on 07.06.2015.