Skip to main content

Presentación das novidades da oferta educativa do Centro de Linguas Modernas para 2015-2016

Unha oferta de idiomas maior, novas modalidades orientadas á aprendizaxe de linguas estranxeiras en contextos informais e novas vías de acreditación son algunhas das novidades que afrontará o Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) este curso 2015-2016. O vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, e a directora do CLM, Katerina Vlasakova, presentarán a oferta educativa así como as principais novidades da programación de actividades deste centro universitario nunha rolda de prensa este martes 8 ás 11.00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Acompañará a presentación a profesora de lingua de signos do CLM, Irene Rivas.

The contents of this page were updated on 09.07.2015.