Skip to main content

O VIII máster en Dirección de Proxectos da USC arranca na Escola Politécnica con 21 estudantes, dos que cinco son estranxeiros

Amiama, Teijeiro, Bueno e Cuesta, na apertura do VIII máster oficial en Dirección de Proxectos na EPS
Amiama, Teijeiro, Bueno e Cuesta, na apertura do VIII máster oficial en Dirección de Proxectos na EPS

O máster en Dirección de Proxectos da USC botou a andar este xoves a súa oitava edición na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo co acto de inauguración deste posgrao oficial, no que formalizaron a súa inscrición un total de 21 titulados universitarios, dos que un terzo proceden de fóra de Galicia e cinco teñen nacionalidade estranxeira (Ecuador, Brasil, Cuba e Libia).

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidiu a sesión inaugural da nova edición do máster en Dirección de Proxectos da USC, un programa de carácter profesional pero que tamén posibilita o acceso a estudos de doutoramento, no marco dun acto, no que ademais dos estudantes inscritos, tamén participarán o director da Escola Politécnica Superior, Tomás Cuesta García; o coordinador deste posgrao oficial da USC, Carlos Amiama Ares, e a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Mari Teijeiro. A posta en marcha da nova edición deste posgrao oficial serviu para constatar o interese que segue a espertar este programa formativo estruturado en 60 créditos ECTS, unha programación concentrado ao longo dun curso académico e cuxas sesións lectivas se imparten xoves e venres a fin de facer compatibles a formación coa vida laboral, segundo indicou o profesor Amiama Ares. Do mesmo xeito que en anteriores edicións, o máster en Dirección de Proxectos da USC ofrece un programa de realización de prácticas en empresas por un período de dez semanas, unha experiencia que coa que se facilita a incorporación dos alumnos/as ao mercado laboral, así como a aplicación práctica das competencias adquiridas. O cadro docente deste posgrao oficial da USC está formado por profesores das tres universidades galegas, ademais de contar tamén como colaboradores con profesionais de recoñecido prestixio que desenvolven a súa actividade na empresa privada.

The contents of this page were updated on 09.10.2015.