Xa se pode formalizar a inscrición nas probas do exame NOKEN de lingua xaponesa
O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) acaba de abrir o prazo de inscrición para participar nas probas do exame NOKEN, exame oficial de lingua xaponesa que tutelado e organiza a nivel mundial a Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), organismos oficiais dependentes do goberno xaponés con competencias culturais. O exame Noken realizase unha vez ao ano en España e celébrase o primeiro domingo de decembro de cada ano. O certificado oficial do exame NOKEN ten validez internacional e é recoñecido en todo o mundo como a proba oficial de teres acadado un determinado nivel de coñecemento da lingua xaponesa. O CLM é centro examinador cun número de matriculados estable nos últimos tres anos, 88 en 2012, outros 70 en 2013 e un total de 82 candidatos o pasado ano. En paralelo, o Centro de Linguas da USC organiza cursos de xaponés, para os que están abertos tamén os prazos de inscrición.