Skip to main content

Aberta a preinscrición do curso de inglés xurídico internacional

Cunha carga lectiva de 100 horas que se impartirán entre os meses de novembro e marzo, o curso de inglés xurídico internacional ten como obxectivo preparar profesionais da avogacía e estudantado de Dereito para os exames ILEC (International Legal English Certificate) e TOLES. O primeiro deles é un certificado que se corresponde cos niveis B2 e C1 do Marco Europeo de Referencia para as linguas e equivale ao nivel do Cambridge First Certificate in English e do Certificate in Advanced English. O contido do curso desenvolveranse en bloque temáticos intensivos de dez horas candansúa dedicadas a diferentes ámbitos temáticos do Dereito. O ensino será contextualizado a partir de simulacións de situacións reais, en pequenos grupos. O estudantado deben desenvolverse con éxito en situación diversas da actividade xurídica, por exemplo, unha entrevista cun cliente, discusión e análise dun caso con colegas expertos na materia, redacción de formularios e documentos procedimentais xurídicos, preparación de testemuñas ante o xuíz ou interrogatorio de testemuñas. As clases desenvolveranse os venres de 17.00 a 20.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas, baixo a dirección da profesora Lourdes Mella e dirixido tanto a profesionais en exercicio como a alumnado e outros titulados/as da área de ciencias sociais e xurídicas. As persoas interesadas poden acadar máis información sobre este curso na web do Centro de Posgrao.

The contents of this page were updated on 09.08.2015.