Skip to main content

Investigadores da USC coordinan en México a fase final dun proxecto sobre o comercio intra industrial entre a UE e América Latina

Investigadores da USC coordinan en México a fase final dun proxecto sobre o comercio intra industrial entre a UE e América Latina
Investigadores da USC coordinan en México a fase final dun proxecto sobre o comercio intra industrial entre a UE e América Latina

Investigadores do grupo ICEDE da USC desprazáronse a pasada semana a México para levar a cabo a coordinación da fase final do proxecto de investigación ‘ Avances no patrón de comercio intra-industrial entre a Unión Europea e América Latina: o caso de Brasil e México’ que dirixe o profesor Óscar Rodil e que resultou o único proxecto gañador da convocatoria 2014 do Programa Explora da EU-LAC Foundation, con sede en Hamburgo (Alemaña). O grupo da USC reuniuse cos representantes das outras dúas universidades que traballan no proxecto, a del Mar-Oaxaca e a Autónoma de Chiapas, que avaliaráos novos tipos de comercio entre os membros da Unión Europea e a relación que existe entre México e Brasil. No marco desta visita, os investigadores da USC foron tamén recibidos polos reitores e equipos de goberno das dúas universidades mexicanas, que amosaron o seu interese polo proxecto, froito do traballo de moitos anos, como sinalaron nas xuntanzas. A Fundación EU-LAC (European Union-Latin America and Caribbean Foundation) foi creada no ano 2010 polo VI Cumio de xefes de Estado e de Goberno, agrupando os 33 Estados de América Latina e o Caribe, e os 28 membros da Unión Europea así como as institucións desta.

O grupo de investigación ICEDE comezou a conformarse nos anos 90 no seo do Departamento de Economía Aplicada da USC para investigar no ámbito da economía e políticas da innovación, desenvolvemento rexional, desigualdades territoriais, crise económica e economía de Galicia.

The contents of this page were updated on 09.07.2015.