Skip to main content

O xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural falla este mércores a candidatura gañadora da súa décimo sexta edición

O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá este mércores a reunión do xurado encargado de fallar a décimo sexta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, un galardón convocado pola grupo empresarial de subministros agrogandeiros Aresa en colaboración coa institución académica compostelá e que conta cunha dotación en metálico de 10.000 euros para a candidatura gañadora.

O xurado desta décimo quinta edición do Premio Aresa está formado polo reitor da USC, Juan Viaño, que actuará como presidente, así como polo presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras; o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o conselleiro da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e xerente da empresa Alibós Galicia SL, Jesús Quintá García, e Javier Guitián, catedrático de Saúde Pública Veterinaria, Javier Guitián. A reunión dos membros do xurado encargado de fallar o XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural desenvolverase na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, o mesmo escenario que acubillará, a partir das 13.00 horas, a rolda de prensa na que se dará a coñecer a candidatura gañadora deste edición do certame.

The contents of this page were updated on 12.22.2015.