Skip to main content

O equipo da USC, campión galego de orientación a pé

Rosa María Pernas Martínez rematou campioa galega

O equipo da USC de Veteranos B acaba de proclamarse campión galego de remudas mixto por clubes na proba de Orientación a Pé disputada esta pasada fin de semana en Vigo, revalidando o seu título do pasado ano. Integran o equipo Ramón Sampedro Muñiz, Rosa María Pernas Martínez e Manuel Gallego Prieto. Na categoría Senior-Absoluta, o equipo da USC integrado por Miguel Ramos Pernas, Pilar Veiga Barbazán e Ignacio Sordo Touza alcanzou o subcampionato.

Ao remate da proba entregáronse os premios correspondentes á Liga galega de Orientación á Pé, na que se proclamou campioa galega na categoría Mulleres-45 a corredora da USC Rosa María Pernas Martínez, mentres que Margarita Balboa Barros, tamén da USC, conseguiu clasificarse como terceira. Do mesmo xeito, Rosa María Pernas rematou a temporada como cuarta clasificada na Liga españolas de Mulleres-50.

The contents of this page were updated on 12.14.2015.