Skip to main content

Preséntase na USC a terceira convocatoria do programa de innovación Inspîre de Repsol

É unha iniciativa organizada polas tres universidades galegas e Repsol que pretende impulsar a colaboración entre ambas

A terceira convocatoria do programa de innovación Inspîre de Repsol presentarase para toda Galicia este martes 15 a partir das 15.30 horas cun acto no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC. Esta é unha iniciativa organizada polas tres universidades galegas e Repsol que pretende impulsar a colaboración entre a compañía enerxética e a universidade en obxectivos conxuntos de I+D.

A través deste programa, Repsol apoiará o desenvolvemento de proxectos de investigación básica que proporcionen solucións a retos vinculados ao mundo da enerxía, promovendo probas de conceptos rápidas e facilitando os procesos de investigación e innovación. A primeira fase do programa, a correspondente á recepción das propostas permanecerá aberta ata o 31 de xaneiro de 2016.

The contents of this page were updated on 12.14.2015.