Skip to main content

Aberto o prazo para solicitar as bolsas SPIU

Aberto o prazo para solicitar as bolsas SPIU
Aberto o prazo para solicitar as bolsas SPIU

A Oficina de Desenvolvemento Sostible convoca 14 bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria (SPIU) para este curso 2015-16 co obxecto de desenvolver actividades nos centros docentes e nos campus e potenciar o Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS) da USC. O prazo para solicitalas remata o vindeiro 24 de decembro.

Nesta décimo segunda edición contémplanse dúas modalidades de bolsas, de colaboración e de especialización. No primeiro dos casos, dirixidas a alumnado de grao e máster, tratarase de desenvolver actividades nos campus universitarios segundo as necesidades, peculiaridades e demandas dos diferentes centros docentes e en colaboración coas coordinadoras e os coordinadores do PDS en cada facultade e escola. Haberá 3 bolsas para o campus de Lugo e 8 para o de Compostela.

As de especialización, para alumnado de máster e doutoramento, desenvolveranse na propia Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC e supoñen unha boa oportunidade de encamiñar un perfil profesional vinculado ao medio ambiente e a sostibilidade.

The contents of this page were updated on 12.15.2015.