Skip to main content

Rematan este xoves as performances na rúa para concienciar sobre a violencia contra as mulleres

Rematan este xoves as performances na rúa para concienciar sobre a violencia contra as mulleres
Rematan este xoves as performances na rúa para concienciar sobre a violencia contra as mulleres

As performances que os e as futuras docentes de Educación Primaria e Infantil levaron a cabo por distintos espazos de Compostela para concienciar sobre a violencia de xénero chegan este xoves 17 ao seu fin, con grande éxito de público.

O ciclo rematará o xoves 17 pola tarde con catro pezas –'Nin voz, nin voto, nin clítoris' (17.00 horas), 'Hora de espertar'(17.15) , 'Rebelión na pantalla: non sexas máis unha marioneta mediática' (17.45) e 'Socionoticias' (18.00)- na Quintana, Praterías e as dúas últimas no Obradoiro.

Completarase así a serie de dezasete performances sobre a subordinación feminina na que o alumnado expresa con diferentes narrativas a súa condena da “grave violencia física e simbólica exercida nesta época contra as mulleres”. A actividade forma parte da materia Socioloxía da Educación que imparte na USC o profesor Jorge García Marín.

The contents of this page were updated on 12.16.2015.