Skip to main content

O Consello de Goberno reúnese este martes para continuar coa reorganización departamental

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago reunirase este martes 22 para continuar o debate respecto da reestruturación de departamentos. A xuntanza desenvolverase a partir das 9.30 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome.

Na sesión someteranse a aprobación os informes da Comisión de Organización Académica e Profesorado sobre solicitudes de excepcionalidade e de creación, modificación ou supresión de departamentos.

Fusión de 19 departamentos
Este mesmo órgano de goberno dera en novembro o seu visto bo á primeira fase do proceso de redución da estrutura da universidade compostelá coa fusión de 19 dos seus 76 departamentos, o que supón un adelgazamento aproximado do 15% do modelo actual.

O proceso busca unha optimización dos recursos existentes para unha maior eficacia na xestión administrativa e segue unha serie de criterios acordados polo Claustro o pasado mes de xuño. Elévase así a 20 o número mínimo de docentes para configurar un departamento, se ben poden existir excepcionalidades que atenderían á agrupación coherente de áreas ou outras circunstancias académicas que poidan concorrer.

The contents of this page were updated on 12.21.2015.