Skip to main content

O reitor e o novo presidente da Deputación da Coruña mantiveron a súa primeira xuntanza

O reitor recibiu a Valentín González no seu despacho de San Xerome
O reitor recibiu a Valentín González no seu despacho de San Xerome

O reitor da USC, Juan Viaño, recibiu este mércores no seu despacho ao novo presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, que aproveitando esta primeira reunión de traballo asinou no Libro de Honra da Universidade. Na xuntanza González Formoso comprometeuse a "intensificar a longa traxectoria de colaboración que a Deputación da Coruña vén mantendo coa USC", e manifestou a súa intención de "estreitar esta relación cos concellos de maneira que estes poidan aproveitar o coñecemento especializado que, en distintas materias de interese para xestión local, pode achegar a USC". Neste sentido, lembraron que xa hai algunhas experiencias en marcha como o Barómetro de Xestión Municipal, co financiado pola Deputación con 120.000 euros, un instrumento de medición da calidade dos servizos públicos locais (sanidade, educación, transporte, equipamentos culturais, seguridade cidadá etc..) que permite mellorar a planificación dos investimentos e servizos que reciben os cidadáns. A Deputación da Coruña co financia tamén coa USC outros programas como o Proxecto Estalmat para o estímulo do talento matemático en Galicia, en marcha desde 2007 e do que se benefician cada ano estudantes de toda Galicia.

The contents of this page were updated on 09.02.2015.