Skip to main content

A USC suma o sexto proxecto Starting Grant, a axuda máis prestixiosa que se concede en Europa a investigadores novos

Javier Montenegro é o novo investigador financiado polo European Research Council.
Javier Montenegro é o novo investigador financiado polo European Research Council.
Cun financiamento de 1,5 millóns de euros para os próximos cinco anos, Javier Montenegro buscará “novas formas de atravesar a membrana celular de forma selectiva”

A Universidade de Santiago acaba de incrementar a súa nómina de proxectos financiados polo European Research Council (ERC) a través da convocatoria Starting Grant, considerada a axuda máis prestixiosa que se concede en Europa a investigadores novos, cun importe aproximado 1,5 millóns de euros para os próximos cinco anos. O Consello Europeo de Investigación concedeu o seu apoio ao investigador Javier Montenegro García polo proxecto Dynamic Cell Penetrating Petides (DYNAP).

Entre as súas singularidades, este proxecto combinará no seu desenvolvemento a química, a bioloxía e os novos materiais co obxecto de atopar “novas formas de atravesar a membrana celular de forma selectiva”. Como explica o investigador, a propia membrana utilizarase como o molde biolóxico idóneo para esculpir as moléculas transportadoras, definiendo así a súa forma ideal. Os potenciais resultados apuntan a campos como a diagnose de enfermidades, o transporte de fármacos e a terapia xénica.

Este novo contrato Starting Grant vén avalar á excelencia investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e súmase aos concedidos a Francisco Rivadulla, Miguel López, Rubén Nogueiras, Carlos Salgado e Diego Martínez. Nesta mesme eido, o profesor José Luis Mascareñas foi recoñecido en 2013 coa convocatoria Advanced Grant, tamén do Consello Europeo de Investigación.

As ayudas Starting Grant(StG) outorgadas polo Consello Europeo de Investigación están destinadas a investigadores novos cunha traxectoria profesional prometedora. O seu obxectivo esencial, tal e como explica o propio Consejo, é “apoiar os futuros directores de investigación que estéan a punto de establecer ou consolidar un equipo de investigación adecuado para afrontar investigacións independientes en Europa”.

A proposta de Javier Montenegro, que se desenvolverá nos laboratorios do CIQUS, foi seleccionado no ámbio específico das Ciencias Físicas e a Enxeñaría -un dos tres ámbitos temáticos nos que se outorgan as axudas Starting Grant-. Neste eido solicitaron financiamento preto de 1.300 propostas, aínda que finalmente só 126 o acadaron, o que mostra a alta competencia que se rexistra na convocatoria. Do resto de España, unicamente outros once investigadores acadaron o apoio do ERC nalgún dos tres ámbitos temáticos contemplados.

The contents of this page were updated on 12.05.2015.