Skip to main content

O Instituto da Lingua Galega publica o sétimo número da súa revista

Cuberto do novo número editado
Cuberto do novo número editado

Achegas de persoal investigador de diversas institucións académicas de Galicia, Portugal e Brasil dan forma á táboa de contidos dun novo número, o 7, da revista Estudos de lingüistica galega que publica o Instituto da Lingua Galega (ILG). Editada dende 2009 con periodicidade anual, esta publicación ten como obxectivo crear un espazo de análise crítica, difusión da investigación lingüística e de debate e intercambio arredor da lingua galega. Estudos de lingüistica galega está rexistra e indexada, entre outras, en Scopus, ERIH PLUS, CSA Linguistics and Language Behavior Abstracts, MLA (Modern Language Association), REDALYC, DOAJ, Open Access Digital Library, ISOC, ULRICH, DIALNET, CiteFactor, Cabell's Directory. Tamén está indexada en MIAR (Matriz de Información para a Análise de Revistas), onde está puntuada cun ICDS (Índice Composto de Difusión Secundaria) de 7.278. A ANEP (Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva) categorízaa como revista A.

The contents of this page were updated on 08.05.2015.