Skip to main content

Aberta a inscrición para a comunidade universitaria do curso intensivo de natación de setembro

Aberta a inscrición para a comunidade universitaria do curso intensivo de natación de setembro
Aberta a inscrición para a comunidade universitaria do curso intensivo de natación de setembro

A comunidade universitaria xa pode formalizar a súa matrícula no curso de natación que con carácter intensivo vai celebrar o vindeiro mes de setembro. Do 9 ao 30 de setembro, as clases terán unha duración de 45 minutos, establecéndose os distintos grupos e horarios de acordo coa idade dos alumnos e coa súa dispoñibilidade horaria.A partir do próximo día 13 abrirase a matrícula para o resto de persoas interesadas. A inscrición realizarase na Piscina Universitaria (Campus Vida) en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da web do Servizo de Deportes. Non obstante, para inscribirse en calquera actividade deportiva da USC é necesario estar dado de alta como usuario/a de deportes para este curso deportivo. A alta como usuarios/as permite tamén o acceso á práctica libre nas instalacións deportivas da USC. A Área de Deportes irá dando conta das actividades previstas para o novo curso nos campus de Santiago e Lugo así como das competicións que se desenvolverán no seu web.

The contents of this page were updated on 08.06.2015.