Skip to main content

Unha investigación da USC sinala unha mellora substancial na xestión pesqueira europea

No estudo participa o profesor e investigador da USC Sebastian Villasante
No estudo participa o profesor e investigador da USC Sebastian Villasante
A revista Nature sinalou o traballo como unha das novas científicas máis relevantes da última semana

Unha nova publicación de investigadores ingleses e galegos pon de releve que a xestión dos recursos mariños na Unión Europea mellorou de forma substancial durante os últimos quince anos debido a que o exceso das cotas de pesca aprobadas pola Comisión Europea respecto ás recomendacións científicas formuladas polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) se reduciu do 33% en 2001 ao 7% en 2015.

O estudo (Carpenter et al., Marine Policy 64, 9–15; 2016), no que participa o profesor e investigador da USC Sebastian Villasante, demostra que este progreso repercutiu positivamente na crecente mellora da situación dos stocks comerciais. A investigación apunta tamén a necesidade dunha maior transparencia nas discusións anuais das cotas de pesca que habitualmente se realizan de forma secreta por parte do Consello Europeo en Bruxelas.

A prestixiosa revista Nature sinala este traballo como unha das noticias científicas máis relevantes da última semana.

The contents of this page were updated on 12.09.2015.