Skip to main content

A Aula TIC-Pemes da USC abre a inscrición na novena edición do taller virtual sobre xestión de tendas virtuais con ‘Prestashop’

A Aula TIC-Pemes da USC mantén aberta a inscrición na novena edición dun obradoiro virtual sobre xestión de tendas virtuais con ‘Prestashop’, unha actividade formativa que se desenvolverá en liña do 22 de xaneiro ao 28 de febreiro de 2016.

Este obradoiro formativo, para o que se ofrecen prazas limitadas, está orientado principalmente á participación de pemes e autónomos, aínda que tamén está aberto a calquera outra persoa interesada en recibir e cursar este programa formativo, que inclúe vídeos de titorías e actividades prácticas. O custe da matrícula é de 50 euros, aínda que os estudantes e tamén os ex alumnos da USC poderán beneficiarse dun desconto do 50% na inscrición. Ademais, os promotores desta actividade tamén contemplan descontos especiais para grupos de 5 persoas.

As persoas que estean interesadas en completar este programa formativo deben cumprimentar este formulario de inscrición.

The contents of this page were updated on 12.10.2015.