Skip to main content

Xénero, clima e arqueoloxía, as propostas para a Nerdnite do vindeiro mércores

Xénero, clima e arqueoloxía, as propostas para a Nerdnite do vindeiro mércores
Xénero, clima e arqueoloxía, as propostas para a Nerdnite do vindeiro mércores

A cuarta sesión das Nerdnites deste curso coas que colabora a Universidade de Santiago terá lugar o vindeiro mércores 16 ás 21.30 horas no Centro Galego de Arte Contemporáneo.

Nesta ocasión, a mestra Alba Alonso Feijoo explicará qué foi o que aconteceu cando Anxo lle pediu a Barbie aos reis magos, mentres que o coordinador de predición de MeteoGalicia Juan José Taboada Hidalgo, achegará algunhas claves para entender a estraña climatoloxía que estamos a vivir nesta tempada. Por último, o investigador do Incipit César Parcero Oubiña intervirá con ‘Sinais do pasado. Enigmáticas marcas arqueolóxicas na paisaxe... ou non tanto’.

The contents of this page were updated on 12.11.2015.