Skip to main content

O proxecto DART, do grupo de Radiofísica, I Premio Bioga á Mellor Idea Empresarial Biotech

De esquerda a dereita, Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación; Carme Pampín, presidenta de Bioga; Luis Sánchez, director xeral de Lonza Biologics; Faustino Gómez, investigador de...
De esquerda a dereita, Manuel Varela, director da Axencia Galega de Innovación; Carme Pampín, presidenta de Bioga; Luis Sánchez, director xeral de Lonza Biologics; Faustino Gómez, investigador de...

O proxecto DART, do grupo de investigación en Radiofísica da USC, acaba de ser premiada polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) na primeira edición dos seus premios como Mellor Idea Empresarial Biotech. A proposta deste grupo que coordina o profesor Faustino Gómez, busca mellorar a eficacia das diagnoses e tratamentos de radioterapia aplicados ao cancro. O grupo deseñou un detector para o control de calidade das doses administradas en tratamentos de radioterapia. Trátase dunha matriz de verificación para medir a correspondencia entre o tratamento aplicado e a radiación recibida nunha determinada superficie. O xurado do premio destacou de DART o seu “atractivo plan de negocio, as características do seu equipo humano e a visión de futuro dun proxecto que en 2014 podería constituírse como spin-off”. En total, aos premios concorreron un total de 20 candidaturas.

The contents of this page were updated on 01.13.2014.