Skip to main content

O prazo para a convocatoria de axudas á realización de teses en galego remata o 31 de outubro

Contemplan unha subvención directa de ata 400 euros

As persoas que este ano elaboren e defendan a súa tese de doutoramento en lingua galega poderán solicitar ata o 31 de outubro as axudas que a USC convoca con ata 400 euros en forma de subvención directa para os gastos de fotocopiado e encadernación do traballo. A subvención complétase con servizos de consulta e asesoría lingüística e terminolóxica, así como de asesoramento para a elaboración e uso de presentacións dixitais que se adoitan utilizar na defensa das teses, por parte do Servizo de Normalización Lingüística. De xeito complementario, o Servizo de Normalización da USC ofrece tamén Criterios e recursos e o servizo do bUSCatermos. Dende 1994 a USC ofrece un programa de axudas ao uso do galego en teses de doutoramento. Este incentivo axiña se converteu nun referente en moitas outras universidades, tanto galegas coma catalás. Dende aquela, máis de 190 doutorandos e doutorandas solicitaron estas axudas na USC, contribuíndo deste xeito a estender o galego na investigación.

The contents of this page were updated on 09.29.2014.