Skip to main content

Fondo pesar polo falecemento do que fora reitor da Universidade compostelá, o profesor Manuel Lucas

Manuel Lucas Álvarez
Manuel Lucas Álvarez

A Universidade de Santiago manifesta o seu fondo pesar polo falecemento este luns do profesor Manuel Lucas Álvarez, que fora reitor desta institución en 1974, e súmase á dor da súa familia e amizades. Manuel Lucas Álvarez (Santiago de Compostela, 1917), profesor de Historia na USC especializado en Paleografía e Diplomática, substituíu no cargo de reitor a José Ramón Masaguer Fernández e foi relevado menos dun ano máis tarde por Pablo Sáez Pedrero. Fora ademais anteriormente secretario xeral e vicerreitor da USC. Dedicado tamén á vida política e á económica, Manuel Lucas recibiu a encomenda con placa da orde civil de Afonso X o Sabio e a Medalla Castelao.

The contents of this page were updated on 09.01.2014.