Skip to main content

Juan Viaño e Nava Castro presentan o luns 8 en Lugo as xornadas de divulgación ‘A conservación do medio natural, tarefa común’

O reitor da Universidade, Juan Viaño, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentarán o luns, día 8 de setembro, a partir das 17.00 horas, na sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, as xornadas de divulgación científica ‘A conservación do medio natural, tarefa común’. Ao acto asistirán tamén o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e o coordinador das xornadas, Luís Celeiro.

As xornadas, organizadas pola USC e patrocinadas pola Xunta de Galicia, a través do programa do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco a Santiago, comezarán o vindeiro 24 de setembro e desenvolveranse ao longo de 20 días dos meses de setembro, outubro e novembro, en vinte concellos doutras tantas comarcas de Galicia. As distintas sesións programadas no marco destas xornadas desenvolveranse en quenda de mañá e tarde e nelas participarán como relatores profesores e investigadores da USC, maioritariamente do Campus de Lugo, de áreas relacionadas coa temática das mesmas. Os relatorios incluídos no programa prestan especial atención a cuestións ambientais de interese xeral e relacionadas coa comarca na que se celebren cada día. Os relatores serán especialistas no tema que se trate en cada lugar.

The contents of this page were updated on 09.05.2014.