ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
- Adquirir coñecemento sobre os principais debates académicos en relación coa xestión dos recursos naturais.
- Facilitar o recoñecemento por parte do alumnado dos recursos de uso común e as súas particularidades.
- Coñecer exemplos históricos singulares sobre a xestión de recursos naturais.
- Fomentar o debate sobre a xestión actual dos recursos naturais.
Tema 1: O debate sobre a xestión dos recursos naturais.
Tema 2: Os recursos de uso común.
Tema 3: Exemplos históricos de xestión dos recursos naturais.
Tema 4: Experiencias de xestión de recursos naturais na actualidade.
Hardin, Garrett. “The Tragedy of the Commons.” Science (American Association for the Advancement of Science) 162.3859 (1968): 1243–1248.
Naredo, José Manuel. Raíces económicas del deterioro ecológico y social: más allá de los dogmas. 2a edición, 2010. Tres Cantos, Madrid: Siglo XXI España, 2010.
Ostrom, Elinor. El gobierno de los bienes comunes: la evolución de las instituciones de acción colectiva. 2a ed. en español. México, D.F: Instituto de Investigaciones Sociales, Universidad Nacional Autónoma de México, 2011.
Simmons, I.G. Ecología de los recursos naturales. Omega. Barcelona, 1982.
Traballo en equipo.
Razoamento crítico.
Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais.
- Presentación na aula de contidos teóricos por parte das persoas docentes.
- Elaboración de traballos por parte do alumnado a partir das indicacións e/ou materiais ofrecidos nas aulas. As súas características básicas e natureza explicaranse nas sesións correspondentes.
- Dinámicas participativas na aula.
- Saídas de prácticas.
- Asistencia.
- Implicación activa nas actividades e dinámicas realizadas nas aulas.
- Realización dos traballos propostos.
- Participación nas actividades prácticas que se puidesen programar.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Amparo Ferreira Golpe
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- mariaamparo.ferreira [at] usc.es
- Category
- External area professor
Damian Copena Rodriguez
- Department
- Applied Economics
- Area
- Economic History and Institutions
- damian.copena [at] usc.es
- Category
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Monday | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | CLE_01 | Galician | 5512 Aula -1 SS Facultade de Ciencias |