ECTS credits ECTS credits: 4.5
ECTS Hours Rules/Memories Student's work ECTS: 74.2 Hours of tutorials: 2.25 Expository Class: 18 Interactive Classroom: 18 Total: 112.45
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Degree Subject RD 1393/2007 - 822/2021
Departments: Applied Economics
Areas: Applied Economics
Center Faculty of Political and Social Sciences
Call: Second Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
• Aplicar a metodoloxía económica na análise das institucións políticas nas que se adoptan as decisións colectivas.
• Estudiar os mecanismos para converter as decisións individuais en decisións colectivas.
• Avaliar a eficacia e eficiencia das institucións políticas.
• Realizar unha análise positiva dos efectos das institucións políticas na realidade.
• Realizar unha análise normativa dos instrumentos e mecanismos que poden empregarse no deseño das institucións políticas para acadar os obxectivos perseguidos pola sociedade de referencia.
• Que o alumno sexa quen de analizar as institucións colectivas dende a metodoloxía económica, en especial respecto da súa aplicación ás institucións presentes no entorno político no que se enmarca o seu desempeño profesional futuro.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar lóxicamente.
• Afondar no coñecemento.
• Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións ós problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos das institucións políticas
• Comprensión do comportamento estratéxico dos axentes políticos.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos que permitan deseñar e valorar instrumentos para acadar os obxectivos perseguidos pola sociedade de referencia .
• Capacidade para identificar información e datos relevantes para introducir criterios económicos nun informe de carácter político.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.
I. Introducción
Tema 1.- A análise económica da política.
1.1.- A análise económica das institucións (políticas).
1.2.- Orixe da Teoría da Elección Pública.
1.3.- A Escola de Virginia no contexto actual das Ciencias Políticas e Económicas.
Tema 2.- Presupostos metodolóxicos.
2.1.- Características básicas da Teoría da Elección Pública.
2.2.- Críticas e límites do modelo.
II. Economía constitucional.
Tema 3- Teoría positiva do Estado.
3.1.- Concepto e obxecto da Economía Constitucional: Análise Económica do Dereito.
3.2.-Teoría contractualista do Estado: Da anarquía ó contrato social.
3.3.- Teorías evolucionistas do Estado e críticas á mesma.
Tema 4.- Teoría normativa do Estado.
4.1.- Constitución e optimalidade paretiana.
4.2.- Constitución e regras de votación: Unanimidade e maioría óptima. Status Quo e incerteza.
4.3.- Teorías da xustiza baseadas no contrato social.
4.4.- As funcións de Benestar Social.
Tema 5.- A Constitución dende unha perspectiva non cooperativa.
5.1.- Demanda de reformas: Causas extrínsecas e intrínsecas.
5.2.- Mecanismos de reforma constitucionais: Explícitos e implícitos.
5.3.- Mecanismos de reforma metaconstitucionais: Pacíficos e violentos.
5.4.- A busca de rendas no nivel constitucional.
Tema 6.- Aplicacións.
6.1.- A división de poderes.
6.2.- A Constitución económica: Aspectos orzamentarios, fiscais e monetarios.
6.3.- Os procesos de transición política.
III. Democracia directa e teoría das votacións.
Tema 7.- Os motivos do voto.
7.1.- A análise da democracia (Downs).
7.2.- Votante racional e votante ético.
7.3.- O paradoxo do voto.
7.4.- O papel da abstención nos procesos de votación.
Tema 8.- A Regra da Maioría.
8.1.- A optimalidade da regra da maioría.
8.2.- Límites da regra da maioría.
8.3.- Outras propiedades.
Tema 9.- Sistemas de votación alternativos.
9.1.- Procesos alternativos “simples”.
9.2.- Procesos alternativos “complexos”.
Tema 10- A democracia directa na teoría e na práctica.
10.1.- Mecanismos de elección directa: Asembleas e referendos.
10.2.- Consecuencias nas decisións fiscais.
IV. A democracia representativa: competencia electoral e provisión pública de bens e servizos.
Tema 11.- Partidos políticos e competencia electoral.
11.1.- De Platón a Downs: A análise positiva dos políticos
11.2.- Modelos económicos de competencia electoral: políticos, partidos e electores.
11.3.- Competencia bipartidista: partidos e maximización de votos.
11.4.- Competencia multipartidista e formación de coalicións.
11.5.- Marketing político, promesas e incumprimentos. Consecuencias políticas e financeiras.
Tema 12.- Grupos de Presión e busca de rendas no sector público.
12.1.- Teoría económica dos grupos de presión.
12.2.- Busca de rendas: efectos políticos e económicos.
12.3.- Propostas de reforma.
Tema 13.- A Provisión pública de Bens e Servicios.
13.1.- Teoría económica da burocracia.
13.2.- Modelos de provisión e hipótese leviatán.
13.3.- O goberno autocrático.
Tema 14.- Democracia e dimensión do Sector Público.
14.1.- O crecemento do Sector Público nas democracias.
14.2.- Grupos de presión, burocracia e crecemento do sector público.
14.3.- As consecuencias redistributivas do Estado do Benestar.
V. Aplicacións.
Tema 15.- Aplicacións da Elección Pública.
15.1.- Política económica e ciclos político económicos: comportamento electoralista do goberno e a súa valoración.
15.2.- Procesos de integración política e económica.
15.3.- Reforma constitucional do Senado.
15.5.- Reforma do sistema de financiamento autonómico.
15.4.- Intervención pública en actividades culturais
A un nivel sumamente accesible, pode consultarse: CORONA RAMÓN, Juan, Una introducción a la teoría de la elección pública (Public Choice), Instituto Nacional de Administración Pública, Alcalá de Henares, 1987.
A un nivel máis avanzado, destaca o xa clásico libro: MUELLER, D.C., Elección Pública, Alianza Universidad, Madrid, 1984; traducción da 1ª edición inglesa de 1979. De ser posible, recomendase o emprego da 3ª edición inglesa, amplamente revisada: MUELLER, D.C., Public Choice III, Cambridge University Press, 2003.
Os aspectos fundamentais do programa na súa primeira parte poden atoparse en: PUY FRAGA, P., Economía Política del Estado Constitucional, Editorial Cedecs, Barcelona, 1996.
En canto presta especial atención á interrelación coa ciencia política, resulta recomendable o libro: COLOMER, J.M Ciencia de la Política: una introducción, Editorial Ariel, 2009.
Cun nivel accesible poden verse aspectos parciais do programa, ademais de na bibliografía que se facilitará ó longo do curso, nos seguintes libros:
BRENNAN, G., e BUCHANAN J.M., La razón de las normas, Unión Editorial, Madrid, 1987.
BUCHANAN, McCORMICK e TOLLISON, El análisis económico de la política, edición ao coidado de J. CASAS PARDO, Instituto de Estudios Económicos, Madrid, 1984.
FREY, B.S., Para una política económica democrática, Alianza Universidad, Madrid, 1987.
MARI-KLOSE, P., Elección Racional, CIS, Madrid, 2000.
MOLDES TEO, E., Elección Pública: Hacia una teoría de los fallos colectivos, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, 1987.
PEACOCK, A., Elección Pública: una perspectiva histórica, Alianza Editorial, Madrid, 1995.
PUY FRAGA, P., (coord.), Análisis Económico del Derecho y de la Política, Fundación Alfredo Brañas, Santiago de Compostela, 1993.
ZINTL, R., Comportamiento político y elección racional, Gedisa, Barcelona, 1995.
O grado de competencia /destrezas / habilidades necesario para superar esta asignatura debe presupoñerse para calquera estudante que curse estudios universitarios.
Requírese capacidade lóxica de razonamento, comprensión léxica e un nivel elemental de matemáticas que debe ter calquera con estudios básicos.
Resulta recomendable o interese pola actualidade (lectura de prensa, seguimento por radio e TV) en canto moitos exemplos e problemas que se presentarán na materia serán recollidos da mesma, polo que o coñecemento previo dos referentes permite unha mellor comprensión dos aspectos presentados.
A docencia da materia organízase en catro partes:
1) Clase expositiva: concentran a aprendizaxe teórica e realízanse nun único grupo de docencia. Nelas o profesor mostra os conceptos a desenvolver na asignatura, empregando, no seu caso, material complementario como esquemas, gráficas ou bibliografía de apoio. Ó longo da clase se intercalan aspectos prácticos nos que se presentarán situacións reais ou ficticias para proceder á súa análise mediante o emprego de estatísticas, datos, gráficos, artigos de xornais e revistas, ou páxinas de internet. Baixo a dirección do profesor, o estudantado deberá analizar estes problemas e sacar as súas conclusión na mesma aula, podendo ser preguntados para comproba-lo seu grado de seguemento e comprensión da materia na súa aplicación práctica.
2) Seminarios (clase interactiva): teñen como obxectivo profundizar nalgún aspecto de interese do temario da asignatura. Os estudantes se dividen en grupos de non máis de 50 alumnos, co fin de fomentar a participación e a comprensión dos asuntos analizados. Na elección dos temas a desenvolver primaranse os de máis actualidade dentro do programa. Utilizarase material complementario para que realicen a súa análise. Terán a obriga de realizar un traballo sobre o tema tratado que deberán entregar no prazo fixado polo profesor, quen decidirá se é individual ou en grupo.
3) Titorias en grupos reducidos: nas mesmas realizarase un seguemento individualizado do seguemento e comprensión do estudantado, ao tempo que se explicarán as dúbidas que os alumnos tiveran sobre os contidos explicados na asignatura. Os estudantes dividiranse en grupos máis reducidos (máximo de 5 alumnos), co fin de acadar un maior coñecemento do traballo que veñan realizando. A súa celebración estará supeditada á carga docente do profesor.
4) Tarefas relacionadas co obxecto da asignatura: ó longo do semestre, o profesor poderá fixar a asistencia a conferencias, lecturas de libros, ou calquera outro elemento complementario que considere de interese para o desenvolvemento do curso.
A asistencia ás clases é altamente recomendable para facilitar a aprendizaxe dos estudantes reducindo os custos que implica, por tratarse dunha asignatura que non require tanto a súa memorización (chapar) como a súa comprensión (entender).
Como instrumento de apoio da docencia, manterase unha aula virtual da asignatura, que será a canle primordial de comunicación entre profesor e estudantado, tanto á hora de realizar avisos, entregar materiais complementarios para a asignatura, ou establecer prácticas, como para recibir os traballos solicitados ao alumnado.
CONSIDERACIONS XERAIS SOBRE A AVALIACION
A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
• Valoración do proceso formativo seguido.
• Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
• Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS DE AVALIACION
1) SISTEMA XENÉRICO:
O sistema xenérico de avaliación é a celebración dun exame nas datas establecidas na programación oficial da facultade de ciencias políticas e da administración, no que o alumno deberá mostrar o seu grao de asimilación dos conceptos e procesos estudiados no curso. Os contidos mínimos de cada tema corresponderanse ás explicacións presenciais celebradas durante o curso, xunto co material complementario que puidera entregarse nas aulas ou poñerse a disposición na aula virtual da USC.
A nota do exame contabiliza un 60 % na cualificación total da asignatura. Co fin de primar o esforzo e o aproveitamento do estudantado, terase en conta a asistencia a clase, para o que se aplicará un control de sinaturas, até un 15 % da cualificación total. O 20 % restante da cualificación será fixada conforme a un sistema de seguimento da aprendizaxe e do esforzo dos alumnos en función da súa participación nas clases, respostas ás preguntas realizadas, ou resolución de problemas que se formulen, traballos realizados, participación en titorías en grupo e na aula virtual. O 5 % restante terá en conta outros criterios complementarios de pertinencia e calidade a discreción do profesor
Aspectos a valorar Criterios(Instrumento) Ponderación (sobre 10)
1) Asistencia Realización das actividades presenciais
(Partes de sinaturas) 15 %
2) Participación Participación activa na clase. Participación activa no seminario.
Participación nas titorías en grupo. Participación na aula virtual.
(Observación e notas do profesor) 10%
3) Traballos Estrutura. Bibliografía empregada. Orixinalidade. Presentación.
(Traballos entregados) 10 %
4) Aprendizaxe Coñecementos teóricos. Aplicación de coñecementos.
(Exame final) 60 %
5) Outras Pertinencia e calidade
(Criterios ad hoc) 5 %
A cualificación final será a suma das puntuacións acadadas en cada concepto.
A puntuación dos apartados 2), 3) e 5) só será sumada ós alumnos que teñan cando menos un 50 % da puntuación máxima no apartado 1).
Para obter unha avaliación favorable na convocatoria ordinaria será preciso superar o 50 % da puntuación máxima na suma das puntuacións dos distintos conceptos.
2) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:
Aqueles estudantes que cumpran con requisitos mínimos de asistencia (non inferior ó 70 %), poderán acollerse a un sistema de avaliación continua, substituíndo a celebración do exame en xuño pola elaboración de traballos ó longo de curso nos que se valora a aprendizaxe dos alumnos.
Neste caso a táboa de valoración a aplicar será a seguinte:
Aspectos a valorar Criterios(Instrumento) Ponderación (sobre 10)
1) Asistencia Realización das actividades presenciais
(Partes de sinaturas) 15 %
2) Participación Participación activa na clase. Participación activa no seminario.
Participación nas titorías en grupo. Participación na aula virtual.
(Observación e notas do profesor) 20%
3) Traballos Estrutura. Bibliografía empregada. Orixinalidade. Presentación.
(Traballos entregados) 60 %
4) Outras Pertinencia e calidade
(Criterios ad hoc) 5 %
A cualificación final será a suma das puntuacións acadadas en cada concepto.
Para obter unha avaliación favorable na convocatoria ordinaria será preciso
• Ter máis dun 70 % da cualificación teórica do punto 1),
• Ter máis dun 40 % da cualificaicón teórica do punto 3),
• Superar o 50 % da puntuación máxima na suma das puntuacións dos distintos conceptos.
Quen non supere a asignatura no proceso de avaliación continua (por non acadar o 5 ou por non poder incorporarse a este sistema) deberá realizar o exame e ser avaliado conforme ao proceso xenérico de avaliación na mesma convocatoria.
No caso de non resultar favorable a avaliación nas convocatorias extraordinarias (sen actividade presencial) aplicarase o criterio xenérico de avaliación coas seguintes modificacións:
• Conservaranse para o 50 % das puntuacións dos apartados 1), 2) 3) e 5).
• O exame será ponderado cun 80 % da cualificación total.
• Deberá acadarse un 50 % da puntuación máxima nestes conceptos.
ATRIBUCION DE CREDITOS ECTS
Dacordo coas actividades programadas o reparto recomendado das horas de traballo para cada unha delas é o seguinte:
ELECCIÓN PÚBLICA
4,5 CRÉDITOS (x25) 112,5 horas
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS. HORAS TRABALLO TOTAL ALUMNO
Clases presenciais 18 18
Estudo personalizado 30 30
Seminarios 18 18
Realización traballos 30 30
Titorías en grupo 2,25 2,25
Lecturas libro / materiais 10 10
Outras actividades 4,25 4,25
38,25 74,25 112,25
Ademais da asistencia e participación nas aulas, a materia require un esforzo adicional por parte dos estudantes, para revisar conceptos e autoavaliar o seu grado de coñecemento. Por suposto, o número de horas de traballo (non presenciais) resulta meramente orientativo, xa que cada quen poderá avanzar a un ritmo diferente, así como dividir o seu traballo como estime oportuno para optimizar o seu esforzo.
En especial quen non asistan a clase deberán realizar un esforzo moi superior para a aprendizaxe dos conceptos, técnicas e instrumentos propios da materia, e, de acordo cos criterios fixados na avaliación, estará aceptando unha menor cualificación de partida, polo que resulta moi pouco recomendable.
Total volume de traballo en horas: con asistencia a clase: 112,5 horas.
O longo do seu proceso formativo o alumnado deberá:
• Asistir a clase.
• Manter ó dia o estudio da asignatura e chegar ó coñecemento teórico dos conceptos básicos.
• Realizar os traballos solicitados polo profesor e entregalos no prazo fixado.
• Revisar regularmente o disposto na Aula Virtual da asignatura.
• Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase.
• Consultar ó profesor as dúbidas que se teñan presenciamente (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) ou virtualmente (a través da aula virtual no foro aberto).
• Realizar as actividades complementarias que o profesor considere de interese.
A DOCENCIA DESENVOLVERASE EN GALEGO.
Ó longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta asignatura. Aqueles alumnos matriculados nesta asignatura e neste grupo poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
Quen teña dúbidas sobre o seu funcionamento poderá adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta
TITORIAS:
Despacho do profesor. Facultade de Dereito. Area de Economía Política e Facenda Pública (2º andar)
Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías nas horas de aulas, ou ben por correo electrónico.
Aténdense igualmente titorías a través de correo electrónico.
Francisco J. Sanjiao Otero
Coordinador/a- Department
- Applied Economics
- Area
- Applied Economics
- Phone
- 881814669
- fuco.sanjiao [at] usc.es
- Category
- Professor: University Lecturer
Tuesday | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galician | 1.3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galician | 1.3 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Galician | 1.3 |