Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS RELACIONADOS COS NOVOS COÑECEMENTOS.
• Aplicar a metodoloxía económica na análise das institucións políticas nas que se adoptan as decisións colectivas.
• Estudiar os mecanismos para converter as decisións individuais en decisións colectivas.
• Avaliar a eficacia e eficiencia das institucións políticas.
• Realizar unha análise positiva dos efectos das institucións políticas na realidade.
• Realizar unha análise normativa dos instrumentos e mecanismos que poden empregarse no deseño das institucións políticas para acadar os obxectivos perseguidos pola sociedade de referencia.
• Que o alumno sexa quen de analizar as institucións colectivas dende a metodoloxía económica, en especial respecto da súa aplicación ás institucións presentes no entorno político no que se enmarca o seu desempeño profesional futuro.
OBXECTIVOS RELACIONADOS CO DOMINIO DE CERTAS FERRAMENTES DE APRENDIZAXE OU DE FORMACIÓN (XENERICAS)
Adquisición de ferramentas para:
• Argumentar lóxicamente.
• Afondar no coñecemento.
• Actualizar e autoxestionar o propio coñecemento.
• Plasmación práctica das solucións ós problemas.
• Diferenciación entre análise positiva e análise normativa.
OBXECTIVOS VINCULADOS A VALORES OU ACTITUDES IMPORTANTES EN FUNCION DA MATERIA OU DO SEU SENTIDO NO PLAN DE ESTUDIOS.
• Pensamento crítico.
• Capacidade para comprender os aspectos económicos das institucións políticas
• Comprensión do comportamento estratéxico dos axentes políticos.
• Adquisición de coñecementos teóricos e prácticos que permitan deseñar e valorar instrumentos para acadar os obxectivos perseguidos pola sociedade de referencia .
• Capacidade para identificar información e datos relevantes para introducir criterios económicos nun informe de carácter político.
• Capacidade de planificación, avaliación da eficacia e eficiencia das opcións dispoñibles, e deseño de estratexias conducentes á busca de solucións os problemas analizados.
I. Introducción
Tema 1.- A análise económica da política.
1.1.- A análise económica das institucións (políticas).
1.2.- Orixe da Teoría da Elección Pública.
1.3.- A Escola de Virginia no contexto actual das Ciencias Políticas e Económicas.
Tema 2.- Presupostos metodolóxicos.
2.1.- Características básicas da Teoría da Elección Pública.
2.2.- Críticas e límites do modelo.
II. Economía constitucional.
Tema 3- Teoría positiva do Estado.
3.1.- Concepto e obxecto da Economía Constitucional: Análise Económica do Dereito.
3.2.-Teoría contractualista do Estado: Da anarquía ó contrato social.
3.3.- Teorías evolucionistas do Estado e críticas á mesma.
Tema 4.- Teoría normativa do Estado.
4.1.- Constitución e optimalidade paretiana.
4.2.- Constitución e regras de votación: Unanimidade e maioría óptima. Status Quo e incerteza.
4.3.- Teorías da xustiza baseadas no contrato social.
4.4.- As funcións de Benestar Social.
Tema 5.- A Constitución dende unha perspectiva non cooperativa.
5.1.- Demanda de reformas: Causas extrínsecas e intrínsecas.
5.2.- Mecanismos de reforma constitucionais: Explícitos e implícitos.
5.3.- Mecanismos de reforma metaconstitucionais: Pacíficos e violentos.
5.4.- A busca de rendas no nivel constitucional.
Tema 6.- Aplicacións.
6.1.- A división de poderes.
6.2.- A Constitución económica: Aspectos orzamentarios, fiscais e monetarios.
6.3.- Os procesos de transición política.
III. Democracia directa e teoría das votacións.
Tema 7.- Os motivos do voto.
7.1.- A análise da democracia (Downs).
7.2.- Votante racional e votante ético.
7.3.- O paradoxo do voto.
7.4.- O papel da abstención nos procesos de votación.
Tema 8.- A Regra da Maioría.
8.1.- A optimalidade da regra da maioría.
8.2.- Límites da regra da maioría.
8.3.- Outras propiedades.
Tema 9.- Sistemas de votación alternativos.
9.1.- Procesos alternativos “simples”.
9.2.- Procesos alternativos “complexos”.
Tema 10- A democracia directa na teoría e na práctica.
10.1.- Mecanismos de elección directa: Asembleas e referendos.
10.2.- Consecuencias nas decisións fiscais.
IV. A democracia representativa: competencia electoral e provisión pública de bens e servizos.
Tema 11.- Partidos políticos e competencia electoral.
11.1.- De Platón a Downs: A análise positiva dos políticos
11.2.- Modelos económicos de competencia electoral: políticos, partidos e electores.
11.3.- Competencia bipartidista: partidos e maximización de votos.
11.4.- Competencia multipartidista e formación de coalicións.
11.5.- Marketing político, promesas e incumprimentos. Consecuencias políticas e financeiras.
Tema 12.- Grupos de Presión e busca de rendas no sector público.
12.1.- Teoría económica dos grupos de presión.
12.2.- Busca de rendas: efectos políticos e económicos.
12.3.- Propostas de reforma.
Tema 13.- A Provisión pública de Bens e Servicios.
13.1.- Teoría económica da burocracia.
13.2.- Modelos de provisión e hipótese leviatán.
13.3.- O goberno autocrático.
Tema 14.- Democracia e dimensión do Sector Público.
14.1.- O crecemento do Sector Público nas democracias.
14.2.- Grupos de presión, burocracia e crecemento do sector público.
14.3.- As consecuencias redistributivas do Estado do Benestar.
V. Aplicacións.
Tema 15.- Aplicacións da Elección Pública.
15.1.- Política económica e ciclos político económicos: comportamento electoralista do goberno e a súa valoración.
15.2.- Procesos de integración política e económica.
15.3.- Reforma constitucional do Senado.
15.5.- Reforma do sistema de financiamento autonómico.
15.4.- Intervención pública en actividades culturais
A un nivel sumamente accesible, pode consultarse: CORONA RAMÓN, Juan, Una introducción a la teoría de la elección pública (Public Choice), Instituto Nacional de Administración Pública, Alcalá de Henares, 1987.
A un nivel máis avanzado, destaca o xa clásico libro: MUELLER, D.C., Elección Pública, Alianza Universidad, Madrid, 1984; traducción da 1ª edición inglesa de 1979. De ser posible, recomendase o emprego da 3ª edición inglesa, amplamente revisada: MUELLER, D.C., Public Choice III, Cambridge University Press, 2003.
Os aspectos fundamentais do programa na súa primeira parte poden atoparse en: PUY FRAGA, P., Economía Política del Estado Constitucional, Editorial Cedecs, Barcelona, 1996.
En canto presta especial atención á interrelación coa ciencia política, resulta recomendable o libro: COLOMER, J.M Ciencia de la Política: una introducción, Editorial Ariel, 2009.
Cun nivel accesible poden verse aspectos parciais do programa, ademais de na bibliografía que se facilitará ó longo do curso, nos seguintes libros:
BRENNAN, G., e BUCHANAN J.M., La razón de las normas, Unión Editorial, Madrid, 1987.
BUCHANAN, McCORMICK e TOLLISON, El análisis económico de la política, edición ao coidado de J. CASAS PARDO, Instituto de Estudios Económicos, Madrid, 1984.
FREY, B.S., Para una política económica democrática, Alianza Universidad, Madrid, 1987.
MARI-KLOSE, P., Elección Racional, CIS, Madrid, 2000.
MOLDES TEO, E., Elección Pública: Hacia una teoría de los fallos colectivos, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, 1987.
PEACOCK, A., Elección Pública: una perspectiva histórica, Alianza Editorial, Madrid, 1995.
PUY FRAGA, P., (coord.), Análisis Económico del Derecho y de la Política, Fundación Alfredo Brañas, Santiago de Compostela, 1993.
ZINTL, R., Comportamiento político y elección racional, Gedisa, Barcelona, 1995.
Ao longo do curso, en especial no caso de pasarse a algún dos escenarios con restricións da docencia presencial, o profesor poderá subministrar outros materiais complementarios máis específicos.
O grado de competencia /destrezas / habilidades necesario para superar esta asignatura debe presupoñerse para calquera estudante que curse estudios universitarios.
Requírese capacidade lóxica de razonamento, comprensión léxica e un nivel elemental de matemáticas que debe ter calquera con estudios básicos.
Resulta recomendable o interese pola actualidade (lectura de prensa, seguimento por radio e TV) en canto moitos exemplos e problemas que se presentarán na materia serán recollidos da mesma, polo que o coñecemento previo dos referentes permite unha mellor comprensión dos aspectos presentados.
No actual contexto, e máis de establecerse algunha restricción á docencia presencial, o alumnado terá que dispoñer de conexión a redes dixitais co fin de atender á docencia e realizar as probas necesarias para superar a materia
Partimos do suposto de que ao comezo do curso poderemos realizar as actividades docentes e discentes sen problema e de forma presencial.
No caso de pasar a un escenario no que se afecte a marcha do curso, e alén das indicacións aquí especificadas, atenderemos ás posibilidades de cada momento para buscar os mecanismos máis axeitados á hora de desenvolver a docencia. Os cambios serán recollidos na guía docente que figura na aula virtual de forma actualizada.
A docencia da materia organízase en catro partes:
1) Clase expositiva: concentran a aprendizaxe teórica e realízanse nun único grupo de docencia. Nelas o profesor mostra os conceptos a desenvolver na asignatura, empregando, no seu caso, material complementario como esquemas, gráficas ou bibliografía de apoio. Ó longo da clase se intercalan aspectos prácticos nos que se presentarán situacións reais ou ficticias para proceder á súa análise mediante o emprego de estatísticas, datos, gráficos, artigos de xornais e revistas, ou páxinas de internet. Baixo a dirección do profesor, o estudantado deberá analizar estes problemas e sacar as súas conclusión na mesma aula, podendo ser preguntados para comproba-lo seu grado de seguemento e comprensión da materia na súa aplicación práctica.
2) Seminarios (clase interactiva): teñen como obxectivo profundizar nalgún aspecto de interese do temario da asignatura. Os estudantes se dividen en grupos de non máis de 50 alumnos, co fin de fomentar a participación e a comprensión dos asuntos analizados. Na elección dos temas a desenvolver primaranse os de máis actualidade dentro do programa. Utilizarase material complementario para que realicen a súa análise. Terán a obriga de realizar un traballo sobre o tema tratado que deberán entregar no prazo fixado polo profesor, quen decidirá se é individual ou en grupo.
3) Titorias en grupos reducidos: nas mesmas realizarase un seguemento individualizado do seguemento e comprensión do estudantado, ao tempo que se explicarán as dúbidas que os alumnos tiveran sobre os contidos explicados na asignatura. Os estudantes dividiranse en grupos máis reducidos (máximo de 5 alumnos), co fin de acadar un maior coñecemento do traballo que veñan realizando. A súa celebración estará supeditada á carga docente do profesor.
4) Tarefas relacionadas co obxecto da asignatura: ó longo do semestre, o profesor poderá fixar a asistencia a conferencias, lecturas de libros, ou calquera outro elemento complementario que considere de interese para o desenvolvemento do curso.
De non podermos impartir a docencia presencial en aulas expositivas e/ou interactivas, a impartirase a traves do campus virtual de forma non presencial, atendendo ás directrices que elaboren dende os órganos competentes.
O profesor subirá materiais nos que constarán os tópicos básicos que o alumnado teña que coñecer para superar a materia, co fin de que o alumnado xestione a súa aprendizaxe nos temas do programa que se desenvolvan, e fixará traballos que deberán realizar no tempo e forma fixados.
Estes traballos serán subidos a través das ferramentas dispoñibles na aula virtual, para a súa cualificación.
De realizarse a volta á normalidade en tempo para retomar as actividades presenciais, aplicarase un sistema mixto que combine o traballo e esforzo realizado con actividade presencial e o realizado sen actividade presencial.
Suspenderíase o requisito de asistencia a clase, e o mínimo de asistencias, todo o alumnado será avaliado co réxime de avaliación continua modificado durante a vixencia do estado de alarma.
A asistencia ás clases é altamente recomendable para facilitar a aprendizaxe do estudantado reducindo os custos que implica, por tratarse dunha materia que non require tanto a súa memorización (chapar) como a súa comprensión (entender).
Aqueles estudantes que opten polo sistema de avaliación continua deberán cubrir un mínimo de asistencia ás aulas (expositivas e interactivas).
Como instrumento de apoio da docencia, manterase unha aula virtual da materia, que será a canle primordial de comunicación entre profesor e alumnado, tanto á hora de realizar avisos, entregar materiais complementarios, ou establecer prácticas, como para recibir os traballos solicitados polo profesor.
No caso de restrinxir as aulas presenciais, recoméndase revisar os materiais dispoñibles na aula virtual de forma regular, e realizar os exercicios en tempo e forma por parte do alumnado, en canto non poderá asistir ás aulas físicamente.
CONSIDERACIÓNS XERAIS SOBRE A AVALIACIÓN
A avaliación que se leva a cabo pretende tomar en consideración:
• A valoración do proceso formativo seguido polo alumno.
• Valoración dos coñecementos teóricos adquiridos.
• Valoración da capacidade para aplicar tales coñecementos.
ASPECTOS A VALORAR E CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Aplicarase en calquera caso un sistema de avaliación continua non presencial, en base á elaboración de traballos ó longo de curso nos que se valora a súa aprendizaxe.
Neste caso a táboa de valoración aplicable será a seguinte:
Aspectos a valorar Criterios Instrumento Ponderación (sobre 10)
1) Asistencia Asistencia na aula física e/ou virtual. Partes de sinaturas, control de acceso e notas do profesor 10 %
2) Participación Participación activa na aula física ou virtual. Observación e notas do profesor 10 %
3) Traballos Estrutura.
Bibliografía empregada.
Orixinalidade.
Presentación Traballos entregados 75 %
4) Outras Pertinencia e calidade Criterios ad hoc 5 %
A cualificación final será a suma das puntuacións acadadas en cada concepto.
Para obter unha avaliación favorable na convocatoria ordinaria será preciso
• Ter máis dun 40 % da cualificación teórica do punto 3),
• Superar o 50 % da puntuación máxima na suma das puntuacións dos distintos conceptos.
A cualificación no sistema de avaliación continua será comunicada ao estudante ao remate do período docente. Quen non acade a cualificación necesaria no proceso de avaliación continua deberá realizar novamente os traballos non remitidos ou avaliados como non aptos, co fin de ser obxecto de nova valoración no período extraordinario.
SISTEMA DE AVALIACIÓN EN 2ª OPORTUNIDADE:
No caso de non resultar favorable a avaliación na convocatoria ordinaria, nas convocatorias extraordinarias (sen actividade presencial) deberán presentar os traballos esixidos para a avaliación ordinaria no prazo fixado polo profesor, que será anunciado no campus virtual.
• Conservaranse para o 50 % das puntuacións dos apartados 1), 2) e 4).
• Os traballos presentados para avaliación extraordinaria serán ponderado cun 80 % da cualificación total.
• Deberá acadarse un 50 % da puntuación máxima nestes conceptos.
Con independencia do anterior, a efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, e salvo na aplicación do sistema de avaliación continua, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
ATRIBUCION DE CREDITOS ECTS
Dacordo coas actividades programadas o reparto recomendado das horas de traballo para cada unha delas é o seguinte:
ELECCIÓN PÚBLICA
4,5 CRÉDITOS (x25) 112,5 horas
ACTIVIDADE HORAS PRESENCIAIS. HORAS TRABALLO TOTAL ALUMNO
Clases presenciais 18 18
Estudo personalizado 30 30
Seminarios 18 18
Realización traballos 30 30
Titorías en grupo 2,25 2,25
Lecturas libro / materiais 10 10
Outras actividades 4,25 4,25
38,25 74,25 112,25
Ademais da asistencia e participación nas aulas, a materia require un esforzo adicional por parte dos estudantes, para revisar conceptos e autoavaliar o seu grado de coñecemento. Por suposto, o número de horas de traballo (non presenciais) resulta meramente orientativo, xa que cada quen poderá avanzar a un ritmo diferente, así como dividir o seu traballo como estime oportuno para optimizar o seu esforzo.
En especial quen non asistan a clase deberán realizar un esforzo moi superior para a aprendizaxe dos conceptos, técnicas e instrumentos propios da materia, e, de acordo cos criterios fixados na avaliación, estará aceptando unha menor cualificación de partida, polo que resulta moi pouco recomendable.
Total volume de traballo en horas: con asistencia a clase: 112,5 horas.
En caso de restricción de docencia presencial, o alumnado deberá asumir un custo maior de traballo persoal para compensar a falta de docencia na aula física.
Actividade a desenvolver polo alumnado.
O longo do seu proceso formativo deberá:
• Asistir a clase, no caso de existir aulas presenciais, e cos requisitos sanitarios e de seguridade fixados polos protocolos vixentes. Lémbrase especialmente a necesidade no cumprimento das medidas de autoprotección.
• Manter ó día o estudo da materia e chegar ó coñecemento teórico dos conceptos básicos.
• Realizar os traballos solicitados polo profesor e entregalos no prazo fixado.
• Revisar regularmente o disposto na Aula Virtual da materia.
• Preparar e tomar parte dos debates organizados na clase, ou na aula virtual.
• Consultar ó profesor as dúbidas que se teñan presencialmente (na propia aula ou no horario de titorías do profesor) ou virtualmente (a través da aula virtual).
• Realizar as actividades complementarias que o profesor considere de interese.
A DOCENCIA DESENVOLVERASE EN GALEGO.
Ó longo do curso manterase aberta unha aula virtual desta asignatura. Aqueles alumnos matriculados nesta asignatura e neste grupo poderán acceder mediante a conta de correo da RAI que teñen constituída, introducindo a conta de correo completa e o contrasinal no Campus Virtual da USC (http://www.usc.es/campusvirtual/).
Quen teña dúbidas sobre o seu funcionamento poderá adquirir información nas páxinas virtuais do CETA: http://www.usc.es/ceta
TITORIAS:
Despacho do profesor. Facultade de Dereito. Area de Economía Política e Facenda Pública (2º andar)
Horario predeterminado: As titorías terán lugar previa cita, en horario fixado para cada caso, solicitando as titorías nas horas de aulas, ou ben por correo electrónico.
Aténdense igualmente titorías a través de correo electrónico.
No caso de que dende os órganos competentes da USC adopten medidas que afecten ao desenvolvemento da docencia nesta materia, en función do disposto nas Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, e fagan necesario unha adaptación na docencia, adaptarase a docencia áos novos escenarios.
No caso de impoñerse o escenario 2 (distanciamento), a docencia expositiva será realizada de forma virtual asíncrona, mantendo o carácter presencial da docencia interactiva, cos posibles cambios nos horarios dispostos polo decanato en función das dispoñibilidades do espazo. Neste caso priorizarase a docencia dos aspectos máis acaídos, en función das necesidades en cada caso, fomentando o emprego de espazos virtuais cando sexa posible.
En caso de impoñerse o escenario 3 (peche das instalacións) toda a docencia será impartida de forma virtual trasladándose ao campus virtual, adaptándose as necesidades en materia de docencia e avaliación como se indica nos apartados correspondentes.
Francisco J. Sanjiao Otero
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814669
- Correo electrónico
- fuco.sanjiao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.3 |
19:30-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | 1.3 |