Avda. Ramón Ferreiro s/n
Salón de actos
Equipo de investigación SEPA da USC (Pedagoxía Social e Educación Ambiental)
O 5 de xuño de 1972 deu inicio en Estocolmo a Conferencia de Nacións Unidas sobre Medio Ambiente Humano, que sentou as bases da moderna educación ambiental. Dous anos máis tarde a ONU estableceu que o 5 de xuño de cada ano se celebraría o Día Mundial do Medio Ambiente.
Facéndonos eco desa efeméride, e baixo a organización do equipo de investigación SEPA da USC (Pedagoxía Social e Educación Ambiental), esta Facultade de Formación do Profesorado acollerá na tarde do vindeiro 2 de xuño (no salón de actos) dúas actividades directamente ligadas coa educación ambiental, aproveitando precisamente que nos achegamos ao medio século da Declaración de Estocolmo, e nun contexto moi preocupante polas consecuencias que está a producir no medio e na vida das persoas o binomio neoliberalismo-cambio climático (alimentación e saúde dos seres humanos, redución da biodiversidade, macroinstalacións contaminantes, migracións climáticas etc.).
Para axudarnos a reflexionar sobre estas cuestións, un experto internacional bo coñecedor da temática ofreceranos unha conferencia desde Veracruz (México), seguida da estrea mundial dun documental que liga sabiduría popular galega-cambio climático-teatro, para a que contaremos coa presenza in situ da compañía de teatro protagonista: Chévere.
A participación nos actos é gratuíta, pero hai que inscribirse previamente contactando con https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfyixAJGEhnDtgaUfoD7gquH1N0U3eqF3NcuYA6AHUfhwnSaA/viewform (para asistencia on-line) ou con francisco.candia [at] usc.gal (francisco[dot]candia[at]usc[dot]gal) (para asistencia presencial).