Pasar al contenido principal

Congreso Internacional da SIPS 2021-XXXIII Seminario lnteruniversitario de Pedagoxía Social

28-29 de outubro e 4-5 de novembro

Avda. Ramón Ferreiro s/n

Grupo de investigación SEPA-interea e a SIPS (Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social)

Congreso Internacional da SIPS 2021-XXXIII Seminario lnteruniversitario de Pedagoxía Social
Congreso Internacional da SIPS 2021-XXXIII Seminario lnteruniversitario de Pedagoxía Social

O grupo de investigación SEPA-interea do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, xunto coa SIPS (Sociedad Iberoamericana de Pedagogía Social), organizan o Congreso Internacional SIPS 2021 - XXXIII Seminario Interuniversitario de Pedagoxía Social, baixo a temática "Educación Ambiental e Cultura da Sustentabilidade: construíndo a transición ecolóxica". Realizarase no Campus de Lugo (Facultade de Formación do Profesorado) durante as tardes dos días 28-29 de outubro e 4-5 de novembro deste 2021. Admítense propostas de comunicacións ata o 31 de maio, que serán publicadas con ISBN. Matrícula reducida para socios/as, colexiados/as, estudantes, desempregados/as, xubilados/as, ou se se formaliza antes de xullo. Asistencia presencial ou on-line. 

Ante calquera dúbida, envíanos un correo-e: sips2020 [at] sepa.gal (sips2020[at]sepa[dot]gal)

Toda a información na web do congreso: https://sips2020.sepa.gal/

A sede do congreso será a Facultade de Formación do Profesorado

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.05.2021.