Pasar al contenido principal

Actualidad

O talento investigador mozo agroma no Campus Terra da man de XuvenCiencia

O divulgador científico Manuel Vicente salienta a “capacidade hipnótica da ciencia” na apertura do XI Campus de Verán XuvenCiencia, un programa de convivencia e experimentación científica que ofrece a 95 estudantes de ensino secundario, Bacharelato e Formación Profesional a posibilidade de achegarse durante unha semana de xeito divertido á I+D a través de 16 obradoiros e múltiples actividades de lecer

Leer más

Xestión cultural, unha xanela cara a novas oportunidades

A socióloga bonaerense e alumna do mestrado en Servizos Culturais na Facultade de Humanidades da USC Giselle Vinokur Ferreyro participará en xullo na Residencia Literaria da Cidade da Cultura xunto con Marilar Aleixandre e Brenda Navarro, coa idea de rematar a súa ópera prima, ‘Os cen nomes da choiva’

Leer más

Literatura e vivencias persoais centran a relación epistolar entre Valente e Aleixandre durante 28 anos, salienta Ruth Fernández

A investigación de doutoramento ‘Edición do epistolario de Vicente Aleixandre a José Ángel Valente: transcrición e anotación’ desenvolvida pola titulada en Filoloxía Hispánica na Facultade de Humanidades da USC baixo a dirección de Claudio Rodríguez Fer aborda tamén os cambios intelectuais experimentados por ambos autores

Leer más