Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Trabajo del Alumno/a ECTS: 68 Horas de Tutorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Lenguas de uso Castellano, Gallego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Biología Funcional
Áreas: Biología Celular
Centro Facultad de Óptica y Optometría
Convocatoria: Primer semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os novos avances na organización celular e subcelular dos compoñentes do sistema visual.
- Comprender os procesos que orixinan e manteñen a arquitectura funcional dos compoñentes do sistema visual.
- Coñecer os fundamentos neurobiolóxicos do avellentamento, dexeneración e rexeneración do sistema visual.
- Ser conscientes de como os avances na bioloxía do sistema visual repercuten no coñecemento do seu funcionamento en condicións normais e de enfermidade e nas posibilidades de terapia.
- Coñecer como a bioloxía celular do sistema visual está imbricada con outras disciplinas da óptica.
- Ser capaz de obter e analizar a bibliografía axeitada para preparar a materia e para actualizar os coñecementos de forma autónoma.
Titorías obrigatorias (4 horas)
Titoría 1. Exporanse as normas para o desenvolvemento das actividades dos seminarios (2 h).
Titoría 2. Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia (2 h).
Programa de Teoría e Seminarios
Actividade de contido teórico: docencia virtual (12 horas), síncrona ou asíncrona, na que se porán a disposición do alumnado os contidos do programa teórico utilizando diferentes formatos de presentación, que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeos explicativos nun entorno on-line.
Actividade Interactiva: docencia presencial en aula (16 horas) na que o alumnado, dirixido polo docente, resolverá problemas e cuestións relacionadas cos contidos especificados no programa de Teoría.
Bloque 1. Bioloxía celular da visión.
Tema 1.- Tipos celulares implicados. Neurobioloxía da retina: fotorreceptores e fototransdución (2h).
Tema 2.- Transdución de sinais no sistema visual (2h).
Bloque 2. Evolución e desenvolvemento do sistema visual.
Tema 3.- Tipos de ollos. Evolución celular e molecular do sistema visual (2 h).
Tema 4.- Mecanismos de inducción da formación do ollo. Morfoxénese do ollo. Alteracións da morfoxénese (2 h).
Bloque 3. Bases celulares e moleculares do avellentamento e dexeneración do sistema visual.
Tema 5.- Procesos de avellentamento na óptica do ollo e nas vías visuais (2 h).
Tema 6.- Procesos de neurodexeneración. Morte celular no sistema visual (2 h).
Bloque 4. Bases celulares e moleculares da protección e rexeneración no sistema visual.
Tema 7.- Neuroprotección. Rexeneración da retina. Rexeneración do nervio óptico (2 h).
Tema 8.- Fundamentos biolóxicos da terapia xénica e celular. Xeración do tecido retiniano a partir de células nai (2 h).
Bibliografía básica
. Webvision. The Organization of the Retina and Visual System Kolb H, Nelson R, Fernández E, Jones B eds. http://webvision.med.utah.edu/. É un libro electrónico de libre acceso na Internet, que se actualiza constantemente. Para acceder ao libro por webvision en google ou seguir o enlace: http://webvision.med.utah.edu/.
. LUO, L. Principles of Neurobiology. Garland Science. New York, 2016.
. KANDEL, E.R., SCHWARTZ, J.H., JESSEL, T.M. (Eds). Principios de Neurociencia 4ª. edición. McGraw-Hill Interamericana, 2000.
Bibliografía complementaria
Artigos de investigación relacionados con cada un dos Temas recollidos no Programa de Teoría. Toda a bibliografía recomendada é de libre acceso en internet ou accédese a ela a través de Pubmed (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/) dende o dominio da USC.
Outro material de apoio
Dev Tutorials en http://11e.devbio.com/ Gilbert, SF and Barresi, M. Developmental Biology. Capítulo 26, Development and Evolution. Sinauer Associates, Sunderland MA, 2016.
Outra información na Internet
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Bibliografía sobre Bioloxía Celular.
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp
Básicas/Xerais
CB6 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG4 Demostrar capacidade para traballar en colaboración con outros profesionais como membro dun equipo multidisciplinar cun alto grao de eficacia.
Transversais
CT1 Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
CT2 Empregar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
CT3 Desenvolver capacidade crítica e autocrítica e de toma de decisións.
Específicas
CE4 Afondar no estudo das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio á especialización profesional e investigadora.
CE7 Adquirir coñecementos e habilidades dende distintas perspectivas do coñecemento nas ciencias da visión.
Escenario 1
. A primeira titoría empregarase para explicar a metodoloxía do ensino e explicar as normas para o desenvolvemento das actividades dos seminarios.
. A profesora porá a disposición dos alumnos/as, a través do Campus Virtual, unha guía-cuestionario correspondente a cada un dos 8 temas do Programa de Teoría. Cada guía-cuestionario inclúe un cuestionario, textos e imaxes de apoio, e bibliografía específica para afondar nos contidos do tema.
. Os alumnos/as terán que elaborar os temas respondendo aos cuestionarios coa axuda dos textos, das imaxes de apoio e da bibliografía específica.
. A preparación de cada tema (resolución de cuestionarios) realizarase antes das horas de seminario presencial correspondentes a ese tema.
. Os cuestionarios resoltos entregaranse a través do Campus Virtual, dentro do tempo habilitado, que rematará o día anterior ao seminario presencial correspondente. Non se admite outro modo de entrega.
. Nos seminarios presenciais se revisaranse as respostas aos cuestionarios. Los alumnos/as responderán oralmente ás preguntas e a profesora fará as aclaracións correspondentes. A asistencia a estas sesións é obrigatoria e controlarase mediante listaxe.
. A última titoría empregarase para resolver calquera dúbida sobre os contidos da materia que puidera persistir tralas sesións de seminario. A asistencia a esta sesión é obrigatoria.
. As dúbidas poderán resolverse tamén a través do Foro de dúbidas do Campus Virtual.
Escenario 2 e Escenario 3
. Seguirase a mesma metodoloxía que no escenario 1. As titorías e seminarios presenciais serán substituídos por sesións virtuais síncronas e obrigatorias a través de Microsoft Teams. O seguimento das resolución dos cuestionarios farase igual que no escenario 1 e a asistencia quedará rexistrada na plataforma.
O alumnado será cualificado mediante avaliación continua combinada con proba final. Este sistema de avaliación será aplicado en calquera dos escenarios para as dúas oportunidades. Na segunda oportunidade haberá opción a realizar unha nova proba final pero non a repetir a avaliación continua.
A avaliación continua consistirá na resolución e entrega dos cuestionarios de cada tema a través do Campus Virtual. A media da avaliación continua nos 8 cuestionarios suporá o 30 % da cualificación final. A asistencia ás sesións presenciais de titorías e seminarios (en aula en escenario 1; virtual e síncrona en escenarios 2 e 3) é obrigatoria e suporá o 10% da cualificación final.
A proba final será complementaria á avaliación continua. Terá carácter presencial no escenario 1 e carácter telemático nos escenarios 2 e 3. Suporá o 60% da cualificación final e superarase cunha puntuación mínima de 4 sobre 10.
Para os casos de realización fraudulenta da probas por plaxio ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
As persoas que repitan a materia deberán superar novamente a avaliación continua
As ferramentas de avaliación mencionadas anteriormente serán empregadas para avaliar as seguintes competencias:
-Exame teórico: CB6, CB7, CB10, CE4, CE7.
-Seminarios: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG4, CT1, CT2, CT3, CE4, CE7.
-Titorías: CB6, CB7, CT1, CE4, CE7.
Horas presenciais, 34 h
Clase Expositiva (docencia virtual): 12 h (1,5h por tema)
Clase Interactiva Seminario (docencia presencial en aula): 16 h (2 horas por tema)
Horas de Titorías: 4 h
Realización do exame: 2 h
Horas de traballo persoal, 66 h
Resolución dos cuestionarios de cada tema: 32 h (4 h por tema)
Estudo dos cuestionarios resoltos: 32 h (4 h por tema)
Resolución de dúbidas a través do Foro de dúbidas no Campus Virtual: 2 h
Total, 100 h
Para os tres escenarios:
. Consulta da bibliografía recomendada nesta guía e nos enlaces de internet que serán proporcionados coas presentacións dos distintos temas.
. Elaboración dos temas a partir das guías-cuestionarios. Resolución individual dos cuestionarios previamente á súa resolución en clase.
. Asistencia e participación activa nas titorías e seminarios.
. Estudo e revisión semanal da materia.
. Facer uso frecuente do Foro de dúbidas para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
. Preparación para o exame final facendo uso dos temas elaborados a partir das guías-cuestionario.
Plan de continxencia
A metodoloxía de ensino será igual nos tres escenarios, pero substituirase a docencia presencial obrigatoria en aula (seminarios e titorías) por docencia virtual obrigatoria síncrona, a través de Microsoft Teams. O alumnado será cualificado mediante avaliación continua combinada con proba final en calquera dos escenarios para as dúas oportunidades. Para a avaliación continua manterase a programación temporal así coma o sistema de seguimento da resolución de cuestionarios por parte do alumnado, e de resolución de dúbidas nas titorías e no Foro de dúbidas do Campus Virtual. A proba final será presencial en escenario 1, e telemática nos escenarios 2 e 3, mantendo a tipoloxía de exame. Manteranse os valores outorgados á avaliación continua e á proba final en calquera dos tres escenarios.
Eva Maria Candal Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Biología Funcional
- Área
- Biología Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidad
18.01.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Magna |
25.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |