Un obradoiro no Colexio Maior Fonseca explica as claves para unha correcta conservación dos alimentos

Un obradoiro no Colexio Maior Fonseca aborda as distintas consideracións que se deben atender para unha correcta conservación dos alimentos. Está é unha iniciativa organizada pola asociación ACIDE (Cidadáns polo Desenvolvemento) que se celebrará este xoves 3 de 17.30 a 19.30 horas. Nestas dúas horas falarase da importancia da conservación dos alimentos e ofreceranse nocións teóricas dos diferentes tipos de conservacións, completando a sesión cunha demostración práctica dos contidos analizados. Esta actividade ten un custe para a comunidade universitaria de 5 euros en concepto de axuda para a adquisición de materiais.