Pasar al contenido principal

A Unidade de Atención Temperá da USC axudará a nenos en situación de vulnerabilidade familiar

Ata o día 16 fará avaliacións gratuítas para evitar medos e angustias no fogar

A Unidade de Atención Temperá da USC pon en marcha ata o vindeiro día 16 unha nova iniciativa especialmente dirixida a nenos e nenas de dous a dez anos en situación de vulnerabilidade familiar, para evitar medos e angustias no fogar. A iniciativa -que levará a cabo o equipo de psicólogos, pedagogos e logopedas da Unidade, dirixidos pola profesora María José Buceta – ten por obxectivo axudar aos pais que o demanden a aprender a educar e tratar aos seus fillos con cariño e afecto e aos nenos en especial situación de vulnerabilidade, a controlar os seus medos e angustias tanto no fogar como na escola, ben porque son vítimas de algún tipo de maltrato ou algún tipo de acoso.

Este novo servizo de avaliacións gratuítas levarase a cabo nas instalacións da Unidade (na facultade de Psicoloxía) e xurde como resposta á incipiente detección de casos de menores con especial vulnerabilidade familiar e á detección de nenos con problemas deste tipo na escola. As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo solicitándoo no formulario de contacto de www.usc.es/uniatemp ou enviando un correo a mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es). Tamén poden chamar aos teléfonos 67137370, 697137343 ou 881813741.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.04.2014.