Pasar al contenido principal

Presentación interactiva das Google Glass no CiTIUS

O CiTIUS acollerá este xoves 24 no Salón de Actos a partir das 12.30 un acto interactivo para presentar as Google Glass, as lentes interactivos da compañía. A demostración correrá a cargo do director do proxecto ‘Mundo Glass’, Andreu Ibáñez, que explicará as posibilidades de uso das lentes. Na cita, o experto comentará as aplicacións que a tecnoloxía das Google Glass pode ter na investigación científica e técnica, así como outros usos que puideran interesar á comunidade universitaria e á sociedade en xeral. Andreu Ibáñez falará da súa relación con Google e o seu traballo na busca de aplicacións da tecnoloxía da compañía, así como a súa participación en iniciativas como Liquid Galaxy, un proxecto realizado por enxeñeiros voluntarios que emprega unha serie de monitores colocados en círculo ao redor do espectador que proporcionan unha visión envolvente de diferentes lugares do mundo a través do Google Earth.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2014.