Pasar al contenido principal

Acto de fin de curso de dúas novas promocións do Graduado Sénior e do Graduado Superior Sénior do IV Ciclo

O IV Ciclo é o programa de formación da USC dirixido a alumnado maior de 50 anos con independencia do seu nivel previo

O IV Ciclo, programa de formación dirixido a alumnado maior de 50 anos con independencia do seu nivel previo, celebra este venres 15 o acto fin de curso de dúas novas promocións de graduados sénior (2010-2013) e graduados superiores sénior (2009-2014). O vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán presidirá esta sesión protocolaria que comeza ás 12.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. A quenda de intervención abriraa José Manuel Somoza Salvador, en representación dos/as integrantes da décimo terceira promoción de graduados superiores senior, e continuará coa madriña da promoción Mª Dolores Barral Rivadulla e co director do IV Ciclo Maximino Quintáns. A entrega de diplomas ás persoas que acadan o graduado sénior e a imposición de insignias ás do graduado superior precederán á intervención da secretaria xeral de Política Social, Coro Piñeiro Vázquez, e do vicerreitor Francisco Durán que clausurá o acto.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2014.